Complementarias

CORREOS: Repartindo ILUSIÓN

O pasado martes 17 de decembro recibimos unha visita moi moi especial... Cristina e Ana; dúas carteiras que traballan na oficina de correos do Polígono de San Cibrao, sendo ademáis unha delas nai de dous dos nosos alumnos; percorreron as nosas aulas repartindo sorrisos, explicando o seu traballo con enstusiasmo, compartindo experiencias e recollendo unhas postais feitas con moita, moita ilusión...

Unha actividade organizada polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA da que en breve teredes novas...
Novas que de seguro espertarán o sorriso e/ou as bagoas de máis dun...
Gracias Cristina e Ana polo voso traballo, tan importante no noso día a día; e gracias tamén por quitar tempo de onde moitas veces non o hai.
Ver fotos no seguinte enlace: https://photos.app.goo.gl/oLsF7NAdaqvZvKdB9 

Celebramos o Samaín pensando no planeta

Este ano celebramos a tradicional festa de samaín dun modo diferente. Fixemos tamén unha exposición, pero desta vez sen cabazas, senón con monstros que nós mesmos realizamos con materiais de refugallo xunto coas nosas familias. Foi moi orixinal e gustou a todo o mundo. Un bo traballo realizado entre todos e todas. Agradecer especialmente ás familias a súa implicación, clave para levar a cabo esta exposición que resultou ser un éxito. aquí podedes ver os vídeos.

DÍA DA BIBLIOTECA

O xoves 24 de outubro de 2019, celebramos un ano máis o Día da Biblioteca. Reunímonos no salón de actos e desfrutamos dunha dobraxe que fixeron os compañeiros de sexto dun corto titulado "Unha princesa en apuros" que pretende facernos reflexionar sobre o cambio climático que estamos a padecer, xa que este ano o noso proxecto leva por título "Salvemos o globo". Despois de ensaiar uns cantos recreos conseguiron facer un bo papel que todos aplaudimos. Remataron a súa actuación pedindo a colaboración de todos para acabar con monstro do cambio climático. Para iso cada cada neno/a escribirá unha acción que contribúa a acabar co cambio climático nunha estrela que se pegará na vindeira semana no mural da biblioteca. Aquí podedes ver o vídeo da actividade que rematou cantando o noso himno da biblioteca. Tamén podedes ollar o vídeo orixinal do que fixeron a dobraxe, e tamén as novidades deste mes de outubro!!

Charla-obradoiro "Enerxías renovables e biodiesel"

Este martes 15 de outubro tivemos a oportunidade de asistir a unha charla sobre enerxías renovables e biodiesel impartida polo mestre Rubén Garrido do IES Cidade de Antioquía. Falounos de moitas cousas interesantes relacionadas coas renerxías renovables, a contaminación, como se pode facer biodiesel e fíxonos algúns experimentos coa auga e o aceite. Tamén foi quen de facer maxia trasvasando unha botella chea de auga noutra chea de aceite. A que parece incrible? Pois mirade o vídeo e veredes como o fixo! Grazas Rubén pola sesión tan amena e interesante que nos ofreciches!

EDUCANDO NA IGUALDADE

Mañá chegou o gran día... a ANPA do noso cole presenta un proxecto deseñado con moitas ganas e ilusión; un proxecto que axudará a acadar un dos obxectivos do centro.

ESTAMOS E ESTADES TODOS CONVIDADOS!!! VÉMONOS!!!

Dia nacional das linguas de signos

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de signos, e os alumnos de 3º A e B e 1º B preséntannos un vídeo no que recollen o traballo realizado neste curso sobre este tema. Unha bonita canción que con moito esforzo, entrega e entusiasmo aprenderon na lingua de signos. Aquí vos queda o vídeo para que a disfrutedes! Noraboa a todos os que o fixeron posible! 

As consecuencias dos incendios

Os nenos de sexto asistiron a unha charla moi lúdica e práctica na que puideron aprender que pasa despois dun incendio. Eles mesmos representaron diferentes papeis dando lugar a distintas situacións nas que cada un tiña que defender os seus intereses.

ÉXITO TOTAL DO ENTROIDO

O venres 1 de marzo celebramos como estaba previsto o desfile polo pobo de Seixalbo. Saímos ás once e fixemos o percorrido polas rúas recibindo o agarimo e aplauso do público. Xa na praza, presidida pola presenza no balcón de Paquita e Nicanor, realizamos as coreografías que preparamos durante estes días. Este ano acompañounos Vicentiño despois de estar todo o curso connosco e conseguir graduarse e que será entregado o martes de entroido a outro veciño ou veciña do pobo. Foi unha xornada moi divertida que encheu as rúas de música, cor e alegría. Aquí vos quedan vídeos e fotos de todo o acontecido.

Preparando o Entroido 2019

Levamos uns días preparando os disfraces que luciremos o vindeiro venres un de marzo no desfile de entroido que faremos polo pobo de Seixalbo. Aquí vos deixamos o cartel con toda a información. Agardámosvos a todos!

Día da PAZ 2019

Aquí podedes ver un resumo da celebración do Día da Paz. Se pasades de páxina na presentación poderedes ver os vídeos.

Actividade Os Bolechas

Hoxe 17 de xaneiro de 2019, os nenos e nenas de terceiro e cuarto disfrutaron dunha sesión moi entretida cos coñecidos personaxes "Os Bolechas" onde aprenderon moitas cousas acerca de que facer cos residuos dos aparellos eléctricos.

Actuacións do festival de Nadal

Aquí vos deixamos todas as actuacións do festival de Nadal deste ano 2018. Grazas a todos os que o fixéstedes posible pola vosa ilusión e esforzo. Aquí está o resultado!

Festival de Nadal

Hoxe celebramos o festival de Nadal no cole para todos os nenos e nenas e mañá será o gran día, pois todas as familias que o desexen poderán acompañarnos e disfrutar do traballo que realizamos durante as últimas semanas. Asi pois, esperámosvos a partir das once e media no salón de actos! Só recordar unha cousa importante...

Así foi a visita de Susa Herrera

Por fin chegou o momento esperado no que Susa Herrera subía ao escenario e nos deleitaba coas súas cancións de animais do seu coñecido libro "Cantos animais". Desde o primeiro segundo todos conectamos con ela e nos entregamos aos seus cantos e coreografías, desde os máis cativos aos máis maiores pasando polos profes. Foi un rato  moi agradable que se pasou moi rápido e que nos deixou con ganas de máis. Grazas a Anpa por brindarnos a oportunidade de desfrutar duns minutos musicais cheos de maxia e grazas a Susa Herrera por aceptar compartir con nós esa maxia que desprendes.

Susa Herrera visita o noso cole

Este venres ás doce e media, grazas a colaboración da Anpa, temos a sorte de poder contar no noso cole coa presenza de Susa Herrera coa que imos pasar un rato moi agradable e divertido escoitando e cantando as súas cancións de animais. Que privilexiados nos sentimos!

Certame do Concello Postais de Nadal

Os alumnos de 3º A e 3º B participaron nun Certame organizado polo Concello consistente en elaborar unha postal para felicitar este Nadal 2018. Aquí podedes ver as súas creacións.

Samaín 2018

E aquí está o Samaín! Un ano máis celebramos o Samaín cunha impresionante exposición de cabazas na que cada ano vos superades máis. Impresionantes! Noraboa a todos os que colaborástedes e grazas pola vosa participación. Ademáis o cole vestiuse para a ocasión cunha decoración de medo. E por suposto a nosa amiga a Bruxa Catuxa visitou de novo aos pequenos do cole, os nenos e nenas de Educaión Infantil, convidándoos a larpeiradas. Pinchade na imaxe nos elementos que se moven e poderedes ver catro vídeos diferentes relacionados con esta celebración. A ver se os atopades!

Día da Biblioteca

Este mes celebramos o Día da Biblioteca cunha actividade no salón de actos moi divertida. Tras explicarnos o tema escollido este ano dende Bibliotecas Escolares que é sobre a poesía, e o do centro que xirará en torno a "Alimentación saudable", un grupo de mestras expuxeron no escenario diferentes razóns da importancia da lectura. Ao final cantamos todos xuntos unha canción que fala da importacia de "alimentarnos" saudablemente lendo moitos libros. Pasamos un ratiño moi entretido!

Powered by Drupal - Design by artinet