LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

Unha vez finalizado o proceso de solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2020/2021 comunícase ás familias que todas aquelas que o solicitaron obtiveron plaza neste centro.

 

Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro de Secretaría do centro desde o venres 23 de abril. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (988237000) en horario de 9:30 a 14:30.

 

Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web  admisiónalumnado

 

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

 de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súasolicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

As familias que conten con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, poderán acceder ao listado completo a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 8 de xuño.

 

Contra esta resolución poderase formular reclamación dende o 26 ao 30 de abril

 

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicaranse antes do 15 de maio.

 

O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Día do Libro e emocións

Xa está aquí o 23 de abril, unha data sinalada no calendario. Este ano a celebración do Día do Libro xirou en torno ao conto "Que bigotes ,me pasa?" que nos fala de que todos sentimos enfado, calma, asco. alegría, etc e que iso non é malo se sabemos identificar cada unha desas emocións e xestionalas. O personaxe sufre diferentes transformacións segundo a emoción que sinta en cada momento. Por iso cada unha das clases creou o seu propio personaxe en función da emoción que traballou. Xunto a este título, moitos outros relacionados coas emocións están a se traballar en todas as aulas. A vindeira semana algo especial vai suceder: só vos adiantamos que proximamente abrirá as súas portas o museo das emocións...

Actividades de Infantil

Contámosvos as últimas actividades que realizaron os nenos e nenas de Infantil.

Grazas a unha actividade da Concellería de Ourense puideron aprender cousiñas sobre as plantas. Águeda foi a encargada de facelo. Ensinounos que precisan as plantas para vivir, que partes teñen,...Contounos tamén que comemos diferentes partes das plantas, como as raíces (cenorias e patacas), talos (porros,espárragos),follas (leitugas,espinacas)... Foi moi divertido porque ata nos entrevistaron para a televisión local e ao rematar levamos para casa unha plantiña de fresas trasplantada por nós.

Na clase de música coñecimos a música da Primavera de Vivaldi. Aprendimos que non é un músico moderno, como os de agora e que lle gustaba tocar o violín. Gustounos moito escoitar como co violín é capaz de imitar os paxariños, a tormenta, os ríos... Encantounos! Despois coa súa música conseguimos que espertasen unhas flores que aínda durmían pensando que todavía era inverno, pero ao escoitar a música da primavera sucedeu algo máxico. Non deixedes de velo...

No areeiro...

Os nenos e nenas de Infantil aproveitando os días soleados da primavera puideron desfrutar do areeiro cos cubos e pas. A alegría que iso lles supuxo é indescriptible  e imposible de captar na súa totalidade nas imaxes que ilustran ese momento...

 

Chegou a primavera!

Coa primavera recén estreada, así de ben celebraron a súa chegada os nosos pequenos de Infantil!!

Día da árbore 2021

O luns 22 de marzo fixemos unha pequena actividade para conmemorar o Día da árbore. Grazas á colaboración do axente forestal, Santos, os alumnos de quinto e sexto recibiron unha pequena explicación acerca das árbores para logo proceder á plantación dunha delas. Tamén forma parte do noso entorno unha nova maceira que substitúe a unha anterior que houbo que talar. Aproveitando o tronco desa maceira talada fixéronse carteis co nome de cada unha das árbores do noso cole que colocaron as diferentes clases. Na seguinte presentación podedes ver un vídeo e as fotos da xornada.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

O día 24 de febreiro, é o día da nosa ROSALÍA DE CASTRO.

A continuación compartimos unha presentación das diferentes actividades organizadas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: elaboración dun mural decorado con adxectivos que definen a personalidade de Rosalía (relacionados co manifesto lido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega), propostas arredor da versión que “The Lelli Kellies” fai do poema da escritora “A clase é un galiñeiro”, coreografías da canción “Non me asombres, negra sombra” (Sebastian Black e Its Soul) elaboradas na área de Educación Fïsica nos cursos de 5º e 6º de EP…

Actividades todas cun fin único… gozar da nosa cultura!!!

Preparados para divertivos?

 

                                                                                                                                                Podedes ver tamén esta actividade a través do seguinte código QR, unha ferramenta moi útil na actualidade.
 
 

Día da Muller 2021

O 8 de marzo é unha data sinalada no calendario que non podiamos pasar por alto. Así pois este ano o Equipo de Convivencia propuxo a elaboración de diferentes murais por aulas nos que se fixeran unha homenaxe a todas as mulleres que loitaron e seguen a loitar para conseguir vencer ao covid. O lema que guiou a actividade foi: "Heroínas fronte ao Covid". Unha vez expostos os diferentes traballos, todos de gran calidade e sensibilidade, disfrutamos inmortalizando a celebración desta data facendo fotos nos diferentes photocall. Na seguinte presentación podedes ver un vídeo e as fotos da xornada. 

ADMISIÓN E MATRÍCULA 21-22

 

Nos arquivos ANEXOS podedes ver e descargar información e documentación a entregar

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 21-22

Comunicamos que foi admitido todo o alumnado que fixo reserva de praza procedente das Escolas de Educación Infantil adscritas ao centro.

As listaxes están publicadas no taboleiro de anuncios interior do centro.

 

AGARDÁMOSVOS

Para todos aqueles que desexades formar parte do noso proxecto ide pedindo cita  para vir a coñecernos. Chamade ao número 988237000. Estaremos encantados de recibirvos para que nos coñezades. Esperámosvos!



Día da Paz 2021

O passado xoves 4 de febreiro poidemos levar a cabo o acto con motivo do Día da Paz aprazado por motivos meteorolóxicos.  A actividade dinamizada polo equipo de Biblioteca consistiu na lectura e visionado dos contos: "El lazo invisible" e "Los lazos invisibles"  En torno a estes contos xirou o acto en común que levamos a cabo todos xuntos no patio. A idea foi facer visibles os lazos que nos unen con todas as persoas que queremos e para facelo, un globo por aula foi o portador deses fíos. Podedes ver o resultado no vídeo e fotos da seguinte presentación.

 

Libros e guías imprescindibles para superar con éxito a PUBERTADE

A chegada da PUBERTADE é unha época "emocionante" a cal xera unha infinidade de inquietudes e dúbidas tanto nos nos@s fill@s como nas familias.

Na seguinte publicación presentámosvos unha serie de guías e libros destinados aos nenos e nenas dos cursos superiores (3º, 4º, 5º e 6º de EP) pero tamén ás súas familias para favorecer que os vos@s fill@s cheguen informados a esa intensa época.

Lembrade que un nen@ informado é un nen@ máis seguro polo que debemos crear un clima agradable e transmitir a información libre de tabúes e dun xeito natural e respetuoso cos seus intereses.

Que mellor maneira de crear ese clima que a través da lectura!

LIBROS E GUÍAS IMPRESCINDIBLES PARA SUPERAR CON ÉXITO A PUBERTADE de ROSA BAUTISTA LEJO

 

  Os libros están á disposición das familias a través do servizo de biblioteca para familias

 

Lembramos que os libros se poden levar a través de diferentes vías: 
  • Poñéndose en contacto directamente co Departamento de Orientación (rbautista@edu.xunta.gal)
  • A través do titor/a, @ cal transmitirá a demanda ao Departamento. 
  • A través da ANPA que tamén se encargará de facer a demanda ante o Departamento. 

Nos arquivos adxuntos podedes visualizar todos os libros dipoñibles na biblioteca para famlias.

Xa para finalizar dar as grazas ao Equipo de Dinamización da Biblioteca pola súa colaboración

O Departamento de Orientación

O noso proxecto na revista EDUGA

Compartimos con toda a comunidade educativa a publicación na Revista Galega do ensino (EDUGA) dunha reportaxe adicada ao proxecto do noso centro "En tratos co lixo" coordinado pola nosa compañeira Elia María Salve Areal. Este recoñecemneto ao traballo e esforzo realizados é para nós motivo de orgullo e supón unha motivación máis para continuar o camiño iniciado.

 

ANUNCIO: Datas para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado

             "ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 

              pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado"

 

Actividades de Nadal 2020

Como é costumbre no noso cole gústanos despedir o primeiro trimestre felicitando as Festas e o Ano Novo a toda comunidade educativa con diferentes actividades que presentamos sempre nun festival. Este ano no que todo é diferente, esta felicitación tamén se adapta á situación, pero sen deixar de facervos chegar os nosos mellores desexos para o vindeiro ano. Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas actividades levadas a cabo neste trimestre a modo de "festival virtual". Esperamos que o desfrutedes e que os nenos e nenas sexan quen de debuxar un sorriso nas vosas caras. Feliz Ano 2021!

 

@S NEN@S E O USO DOS VIDEOXOGOS

Tod@s estamos inmersos no mundo das novas tecnoloxías, un mundo cheo de pros e contras e un mundo no que debemos facer un uso responsable das mesmas.

Dentro deste mundo están os videoxogos. Neste eido, somos os adultos os que debemos facer unha supervisión para que o seu uso por parte dos nen@s sexa razoable, saudable e equilibrado con respecto a outro tipo de xogos.

Os videoxogos forman parte da vida da maioría do noso alumnado, percibindo ultimamente por parte do profesorado un uso excesivo dos mesmos.

A pesar de estar na época COVID e ser conscientes de que a tod@s nos toca ser responsables e quedar máis na casa reducindo as relacións sociais, pedimos buscar outras alternativas de xogo, buscar momentos para sair a dar paseos, desfrutar en familia... e reducir na medida do posible o seu uso.

Lembrade tamén a importancia do control parental no uso das novas tecnoloxías.

Por todo elo compartimos con vós unha publicación elaborado polo departamento de orientación con enlaces a artigos de interese que pensamos que nos/vos pode axudar.

Un saúdo a tod@s.

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Unha vez xestionadas as axudas para o reparto de máscaras gratuitas entre o alumnado de Educación Primaria informamos que só recibirán as máscaras aqueles nenos/as que foron beneficiarios da axuda de material escolar.


Cada alumno/a recibirá 5 máscaras con 25 lavados cada unha, tendo que chegar o seu uso ata fin de curso, xa que estas máscaras só se deberán empregar durante os días lectivos.
Unha vez recibidas as máscaras no centro, procederase ao seu reparto os vindeiros días 16, 17 e 18 de decembro. Terá que recollela a nai/pai ou representante legal xa que se deberá firmar a súa entrega.


O reparto farase da seguinte maneira:

  • 16 de decembro: 1º e 2º de Educación Primaria. (Horario: 9:30 a 16:00 horas)
  • 17 de decembro: 3º e 4º de Educación Primaria. (Horario: 9:30 a 16:00 horas)
  • 18 de decembro: 5º e 6º de Educación Primaria. (Horario: 9:30 a 16:00 horas)

 

XOGOS DINÁMICOS A DISTANCIA NO PATIO

Quen dixo que en tempos de Covid os recreos ían ser aburridos? Pois aquí tedes a proba de que non é así para nada. Dende o equipo de Convivencia animáronnos a facelos máis dinámicos con moitas propostas divertidas que levar a cabo. Vos deixamos un vídeo para que comprobedes que é posible cumplir coas medidas establecidas e ao mesmo tempo pasalo ben. 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Queridas familias:

Unha vez máis, pedimos a vosa colaboración para participar na campaña OPERACIÓN QUILO e recoller así "QUILOS" de comida para as familias máis desfavorecidas.

Tod@s aqueles/as que queirades colaborar debedes aportar alimentos non perecedoiros e envialos a través do alumnado que os deixarán na planta baixa do centro (Hall das aulas de Educación Infantil), nun sitio habilitado para tal fin.

Lembramos que debido á situación provocada polo COVID as famlias non podedes acceder ao centro,

Recollida dende o mércores 9 de decembro ata o venres 18 (ámbolos dous incluídos)

 

  

Agradecer de antemán a vosa colaboración neste ano "tan complicado" para tod@s

Aproveitamos para mandarvos unha virtual aperta e darvos a noraboa polo ben que o estades facendo

.

Xa queda un chisquiño menos!!!

 

O Departamento de Orientación

 

Día non lectivo

Recordamos á comunidade educativa que a Consellería de Educación estableceu o vindeiro

luns 7 de decembro como día non lectivo.

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

No portal educativo www.edu.xunta.gal está publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria en centros públicos dependentes desta Consellería.

Segundo dita orde (a cal aparece no documento adxunto):

- NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, xa que acceden automáticamente ao préstamos de máscaras.

- SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

   - Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

   - Alumnado matriculado en educación especial.

   - Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

   - Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

Os interesados presentarán, de FORMA PRESENCIAL, no centro educativo os Anexos I e II cubertos (ver arquivo adxuntos)

 

PRAZO: do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

Aqueles que non lles sexa posible imprimir os Anexos, poderán recoller unha copia en conserxería

 

IMPORTANTE: todo aquel alumnado que tivo concedido o vale de material ao inicio de curso, non ten que solicitalo porque xa lle corresponden por defecto.

 

En canto recibamos información sobre o procedemento de distribución, periocidade e número de máscaras por alumno/a serán debidamente informados.

 

DÍA MUNDIAL DA DIABETE

Hoxe, 14 de novembro, non podemos esquecer facer referencia ao DÍA MUNDIAL DA DIABETE.

O noso centro conta con dous alumn@s con dita enfermidade crónica polo que sempre recibimos información e formación por parte das familias e tamén da ASOCIACIÓN DIABÉTICA AURIA-OURENSE  a cal fai unha gran labor mostrándose sempre disposta a asesorarnos nun mundo descoñecido para moitos de nós.

Grazas a eles tratamos de responder ás necesidades dos nos@s alumn@s da mellor maneira que podemos e sobre todo poñéndolle moita vontade.

Xa fai arredor de seis cursos que comezamos unha nova andadura nun camiño para nós descoñecido e a verdade que é un pracer ver as palabras que Marisa (da Asociación Auria) nos adica como tamén é un pracer recibir o aro que a nosa "superalumna" lle adica aos seus compañeir@s e a súa mestra.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas a todo o profesorado pola vosa implicación nos diferentes cursos, sobre todo naqueles comezos tan cheos de dúbidas.

Grazas ao grupo de profesorado que forma e formou parte do Equipo de apoio á Diabete.

Grazas ao persoal coidador do centro.

Grazas á Asociación Diabética Auria-Ourense por estar sempre á nosa disposición.

E GRAZAS GRAZAS GRAZAS... ás familias e aos superalumn@s. Sen a vosa implicación, asesoramento e boa disposición non conseguiriamos facelo "bastante ben".

Unha superaperta a tod@s.

 

 

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares. Este ano para festexalo todos os nenos e nenas do cole traballamos un conto titulado: "Ata que poidamos abrazarnos" para concienciarnos de que aínda que a pandemia que estamos a vivir nos impide demostrarnos o cariño como nos gustaría, hai moitos outros xeitos de dicirlle a alguén que nos importa. Ourizo e tartaruga, os protagonistas desta historia botan man da imaxinación para atopar diferentes xeitos de dicirse que se queren. E ao igual ca eles todos os nenos e nenas do cole fixeron a súa aportación cuns bonitos debuxos que quedan recollidos neste vídeo.

Powered by Drupal - Design by artinet