Recomendacións de lectura Nadal 2021-22

Dende o Equipo de Biblioteca e contando co criterio dos titores queremos compartir un ano máis con vós unhas recomendacións de lectura adaptadas ás diferentes idades do alumnado; nestas datas especiais  de dar agasallos pódenvos ser de utilidade. Non deixedes de darlles a oportunidade aos vosos fillos de agasallalos cunha boa lectura! Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas moi felices festas e que o Ano Novo 2022 chegue cheo de saúde e moita felicidade. Vémonos á volta!

 

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

No portal educativo www.edu.xunta.gal está publicada a orde pla que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

Segundo dita orde: 

- NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, xa que acceden automaticamente ao préstamo de máscaras.

- SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

      -  Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

      -  Alumnado matriculado en educación especial.

      -  Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

      -  Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Os interesados presentarán , de FORMA PRESENCIAL, no centro educativo os Anexos I e II cubertos (ver arquivos adxuntos) Aqueles que non lles sexa posible imprimir os Anexos, poderán solicitar unha copia en conserxería.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 15 ao 26 de Novembro de 2021.

 

IMPORTANTE: todo aquel alumnado que tivo concedido o vale de material ao inicio de curso, non ten que solicitalo porque xa lle corresponden automaticamente.

 

En canto recibamos información sobre o procedemento de distribución e número de máscaras por alumno/a serán debidamente informados.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

APERTURA DO PROCESO E CONSTITUCIÓN DA MESA ELECTORAL

CALENDARIO PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares. Para conmemoralo reunímonos por aulas no patio e Antón e Kiara, dous alumnos de sexto, deron lectura a un manifesto que falaba do importantes que son as bibliotecas e das aventuras que podemos vivir cada vez que entramos nunha delas. A continuación cada unha das aulas amosou a felicitación e leu as palabras adicadas á biblioteca nas que se felicitaba ou se lle daba as grazas por estar de volta despois de estar pechada durante o curso pasado. Neste vídeo podedes ver un resumo da actividade.

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 21-22

No seguinte enlace atoparedes toda a información relativa á solicitude de bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 3 de agosto ao 30 de setembro (ámbolos dous incluídos)

Os gabinetes ou centros de reeducación aos que acoden os alumnos xa poden comezar a tramitar ditas solicitudes.

O Departamento de Orientación recollerá as solicitudes para proceder á súa validación dende o 1 ata o 30 de setembro ámbolos dous incluidos así como para informar e tratar de resolver todas as dúbidas que puideran xurdir.

É obrigatorio pedir cita con anterioridade:

- Chamando ao teléfono do centro 988237000

- Enviando un correo electrónico ao enderezo rbautista@edu.xunta.gal 

 

PREMER PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDA LIBROS E MATERIAL

Informamos que xa foi publicada a LISTAXE DEFINITIVA de Axudas do Fondo Libros.

Pódese consultar coa CHAVE 365 ou na Xefatura de Estudos ata o día 16 de Xullo de 10 a 13 horas.

Listaxe Provisional Axudas Libros e Material Curso 2021/2022

Informamos que xa está publicada a Listaxe Provisional de Axuda do Fondo Libros tanto de texto como de material.

En cumprimento coa "Ley General de Protección de Datos" a publicación só se levará a cabo nos taboleiros interiores do centro ou na Xefatura de Estudos.

Tamén se pode consultar coa "Chave 365".

Prazo de reclamación: ata o 7 de Xullo.

Listaxe definitiva: 8 de Xullo.

Recollida de vales no centro: do 6 ao 16 de Xullo en horario de 10 a 13 horas.

DESPEDIMOS O CURSO MÁIS DIFERENTE...

Na seguinte presentación poderedes ir vendo as actividades realizadas con motivo do final de curso 2020/2021. 

TRABALLANDO A IGUALDADE EN 4º DE INFANTIL

Nas clases de 3 anos teñen moi claro que os gustos dos nenos e nenas poden ser iguais e por iso entenderon moi ben como se sentía Juan, o protagonista do conto "Vivan las uñas de colores" Por ese motivo todos quixeron pintarse as uñas como Juan, porque todos somos iguais e non hai gustos nin cores de nenos e nenas. Unha divertida forma de traballar a igualdade!

FIN DE CURSO 20-21

Achégase o día de despedida dun curso cheo de dúbidas, medos, nervios... 

Un curso no que unha vez máis os nos@s nen@s nos transmitiron e contaxiaron unha gran dose de enerxía positiva, entusiamo, capacidade de adaptación...

Merecen cando menos un final de curso festivo, alegre e con moita moita troula!!!

É un pracer contar coa presenza no noso centro de grandes artistas!!!

 

 GRAZAS  á ANPA  do noso cole pola colaboración e subvención de parte das actividades!!!

GRAZAS POR FACER POSIBLE UNHA DESPEDIDA DE CURSO COMO OS NOS@S NEN@S MERECEN!!!

 

Yolanda, a nosa profe de música tennos preparada unha selección de cancións para que comecemos a practicar.

COMEZAMOS???

 

 

Añadir un poco de texto de ROSA BAUTISTA LEJO

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/22

Comunicamos que está publicada a listaxe de alumnado admitido para o curso 2021/2022no taboleiro de anuncios interior do centro.

Recordamos ás persoas interesadas que poden acceder ao estado do seu expediente, única e exclusivamente, a través da aplicación admisionalumnado coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

 

Informamos que todas as solicitudes en prazo obtiveron praza no centro.

 

As presentadas fóra de prazo están pendentes de resolución.

 

O prazo para formalizar a matrícula no centro é do 20 ao 30 de xuño.

Día da familia 2021

O 15 de maio celébrase o "Día Internacional da familia". O Equipo de Convivencia do CEIP de Seixalbo propuxo agasallar ás familias cunha plantiña que simboliza o compromiso, adicación, responsabilidade e constancia que require tanto a familia como o seu coidado. O seu obxectivo é reforzar o vínculo familiar a través do seu coidado converténdose nun "membro" máis da familia.

 

"A familia é coma as raíces dunha planta. Cada unha medra na súa dirección , pero as raíces son as mesmas."

Powered by Drupal - Design by artinet