BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 22-23

No seguinte enlace atoparedes toda a información relativa á solicitude de bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 19 de maio ata o 30 de setembro (ámbolos dous incluídos)

Os gabinetes ou centros de reeducación aos que acoden os alumnos xa poden comezar a tramitar ditas solicitudes.

O Departamento de Orientación recollerá as solicitudes para proceder á súa validación dende o ata o 30 de setembro así como para informar e tratar de resolver todas as dúbidas que puideran xurdir.

É obrigatorio pedir cita con anterioridade:

- Chamando ao teléfono do centro 988237000

- Enviando un correo electrónico ao enderezo rbautista@edu.xunta.gal 

 

PREMER PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

LETRAS GALEGAS

 

A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo invítanos a participar con eles buscando as palabras máis fermosas da nosa lingua: agarimo, bico, ruliña, feitiño...

Animádevos a participar e a encher todo Seixalbo de palabras "bonitiñas".  

 

 

 

OURENCANTO 2022

Esta fin de semana, 23 alumn@s do noso cole xunto coa nosa mestra de Música participan no OURENCANTO (IV Encontro de coros infantís, xuvenís e coros escolares)

Onte día 23, a xornada tivo lugar no Conservatorio.

Hoxe ensaian en xornada de mañá e tarde no Auiditorio Municipal, sendo o concerto de clausura de 19:00 a 21:00h.

Compartimos algunha foto dos ensaios, así como un enlace para quen desexe ver o concerto en "streaming".

 

 

NORABOA A TOD@S @S PARTICIPANTES

"O CAZO DE LORENZO" Contacontos no día internacional do Síndrome de Down

O luns 21 de marzo celébrase o Día Internacional do Síndrome de Down e na BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE, teñen un acto organizado pola asociación Down Ourense, un contacontos para nenos e nenas de 6 a 12 anos "O cazo de Lorenzo" aberto a todo o mundo.

Será o propio día 21 ás 18:00h.

As prazas son limitadas polo que podedes facer a inscrición nos teléfonos 988 788385/386.

Non volo perdades!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe a nosa biblioteca acolleu ás familias que pode que nun futuro sexan parte da nosa comunidade educativa. Celebramos unha xornada de portas abertas e para recibilas a biblioteca pareceunos o mellor  dos lugares. Alí lles expliacamos as nosas liñas prioritarias, proxectos, organización etc e Leo, a nosa mascota, presente tamén, agasallou a cada neno cun simpático nariz de diferentes cores. Grazas familias por vir a coñecernos!

 


 
 
 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DESDE O 1 AO 20 DE MARZO

 

Información sobre vacantes, proceso de admisión, impresos e documentación a entregar, dispoñible nos ficheiros adxuntos.

INFORMACIÓN SOBRE SOLICITUDES DE RESERVA PARA O CURSO 2022-2023

 

Comunicamos que foi admitido todo o alumnado que fixo reserva procedente das Escolas de Educación Infantil adscritas ao centro.

 

A listaxe está publicada no taboleiro de anuncios do interior do centro.

 

Visita de Papá Noel

Un ano máis Papá Noel non deixou de acudir a súa cita co cole de Seixalbo e visitou ao alumnado de todos os cursos co que charlou animadamente. No seguinte vídeo podedes ver eses momentos.

Powered by Drupal - Design by artinet