Celebracións e conmemoracións
25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Anónimo o Mér, 12/01/2021 - 18:40Concerto de fin de curso!
Enviado por Anónimo o Mér, 06/23/2021 - 07:50Coa axuda da nosa profe de música fixemos un pequeno concerto de fin de curso, facendo unha homenaxe ás nosas raíces galegas e a algúns dos grandes grupos de rock de tódolos tempos. Esperamos que o disfrutárades, e aquí vos deixamos o vídeo.
LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por Anónimo o Ven, 05/14/2021 - 10:51CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Dom, 01/31/2021 - 21:36No CEIPP Santa María de As Pontes quixemos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz con esta preciosa canción de Soraya Arnelas, interpretada en lingua de signos polo noso alumnado.
LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/16/2020 - 22:03Dende o CEIP Plurilingüe Santa María queremos agradecer á comunidade educativa as súas achegas para poder elaborar este vídeo dedicado a Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas.
XORNALILI
Enviado por Anónimo o Mér, 05/06/2020 - 10:12
Para celebrar a Semana da Prensa, elaborouse este vídeo coas aportacións de todos estes marabillosos xornalistas.
Parabéns!!!
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Xov, 04/23/2020 - 10:22
Con motivo da celebración do Día do Libro, desde Bibliolili propuxéronse moitas actividades nas que podedes participar. Entrade desde aquí.
Os nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria crearon unha morea de historias a partir do libro El Club de los Caníbales se zampa a don Quijote. Con estas historias creouse un libro que podedes ver neste enlace.
UN ENTROIDO DE CINE
Enviado por Anónimo o Lun, 03/09/2020 - 11:45O pasado 21 de febreiro o noso colexio encheuse de superheroes e superheroínas seguindo o noso proxecto de biblioteca, que este ano xira en torno ao cine como xa sabedes.
Os personaxes elixidos para os nosos disfraces foron Ladybug, Supermán, Os Incribles e Batman. Acompañounos a asociación ASPANAES vestidos de Flash.
Aquí podedes vernos ben caracterizados.
O tempo acompañounos no noso tradicional desfile ata o Concello.
Coa colaboración da ANPA e do Concello, degustamos os deliciosos manxares do Entroido.
E como remate final, asistimos á esperada queima do Entroido. Que divertido!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/25/2019 - 07:44O pasado 16 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas. A celebración foi un homenaxe a Antonio Fraguas e á nosa lingua. Coa axuda de cancións, poesías, contos, bailes e obras de teatro celebramos esta importante data. Noraboa ao noso alumnado, que, coma sempre, fixo un gran traballo.
Ademais durante toda a semana nas aulas traballouse a figura do autor homenaxeado este ano.
Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.