Skip to Content

Manual para acceder por primeira vez á AULA VIRTUAL

   Aquí vos deixamos un breve manual sobre cómo acceder á Aula Virtual a primeira vez. Podedes descargar as instrucións premendo no enlace de abaixo.

 

 

   Recordade que na barra de dirección sempre debe aparecer algo precedido de www.edu.xunta.gal.

   De non ser así, debedes pechar o navegador para continuar o procedemento de acceso.

Instrucións para instalar Abalar Mobil

Ola familias!

   Presentámosvos a nova aplicación de comunicación co centro:

Abalar Mobil

   Deixámosvos unha presentación en vídeo e os titoriais descargables para que lle saquedes o máximo partido.

   Xa vedes que é moito máis completa que o TokApp, polo que durante este curso convivirán para facilitar a adaptación progresiva, pasando despois a ser a única aplicación de comunicación entre equipo docente e as familias.

Plan de adaptación ao COVID-19 para o curso 21/22

Dende o colexio, queremos compartir con toda a comunidade educativa o noso Plan de adaptación á situación COVID-19 para este curso. Aquí o tedes!

SeladoXuntos o lograremos!

  Podedes descargalo picando nos arquivos adxuntos.

RECURSOS PARA COMPARTIR

Queremos compartir con todas as familias e o alumnado algúns recursos que poden axudar a comprender e levar mellor toda esta situación social que vivimos. Todos xuntos podemos loitar e aprender! Selado

Podedes descargar os documentos en pdf picando nos documentos adxuntos.

VOLTA SEGURA AS AULAS

MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID-19 NO CEIP SAN SALVADOR DE TEIS CURSO 2020/21

Medidas que se levarán a cabo no CEIP San Salvador

Dende o centro, estamos traballando moi duro para comezar este curso de forma segura.Selado

As medidas que a continuación se enumeran son un resumo do noso PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19:

1.Todas as aulas serán AULAS DE CONVIVENCIA ESTABLEo que significa que o alumnado dun curso nunca se mezclará co alumnado de outro curso. CADA ALUMNO/A TEN DESTINADO O MESMO PUPITRE PARA TODO O CURSO ESCOLAR (salvo necesidade de cambios por circunstancias que poidan sobrevir).

2.Haberá carteis INDICATIVOS de ENTRADA-SAÍDA (PORTA A para 4º-5º-6º de E.Primaria ; PORTA B para  E.Infantil ,1º,2º 3º de E.Primaria) con flechas coa dirección que deben tomar en cada caso(subir ou baixar).

3. CADA CURSO TEN ADXUDICADO UN CUARTO DE BAÑO, situado o máis preto posible da súa aula, que non poderá ser usado por alumnado de outro curso distinto.

4.As ENTRADAS E SAÍDAS faranse ORDENADAMENTE, DENDE O CURSO SITUADO MÁIS ARRIBA ATA O ÚLTIMO DE ABAIXO, de xeito que NON COINCIDAN NUNCA NAS ESCALEIRAS.

5. Todo alumnado MERENDARÁ NA AULA, sentados no seu propio pupitre 10min. antes da saída ao recreo.

6.Os RECREOS están SEPARADOS  EN  7 ZONAS (unha por curso); cada zona estará vixiada por un mestre/a.

7. HABERÁ UN CUARTO DE BAÑO EXCLUSIVO PARA UTILIZAR NA HORA DO RECREO (será limpado cada pouco por unha persoa da limpeza que virá tódolos días de 11 a 13 horas), E VIXIADO POR UN MESTRE, CERCIORÁNDOSE QUE OS NENOS/AS  VAIAN SEPARADOS E QUE SE LAVEN AS MANS DESPOIS DE USALO.

8. As ESPECIALIDADES (inglés, música) IMPARTIRANSE NA PROPIA AULA, para evitar tránsito polos corredoiros(salvo circunstancias de índole pedagóxica que precisen de cambio de espazo).

9. A BIBLIOTECA SERÁ EMPREGADA POR UN SÓ CURSO CADA DÍA.

10.HABERÁ 2 TURNOS DE COMEDOR e, en cada turno,HABERÁ DÚAS SALAS, CON MESAS INDIVIDUAIS SEPARADAS 1.5m , agás os de E.Infantil que están divididos en Grupos de Convivencia Estable, separados dos demáis 1.5m. AO COMEDOR BAIXARÁN ORDENADAMENTE, VIXIADOS POLOS MESTRES, cerciorándose que entran e se SENTAN SEMPRE NA MESMA MESA(salvo circunstancias excepcionais polas que deban cambiar de mesa, sempre no mesmo grupo).

11.As medidas para o TRANSPORTE son as estipuladas polas Instruccións da Xunta: CADA NENO/A IRÁ SENTADO SEMPRE NO MESMO ASIENTO, COA MÁSCARA POSTA.,PREFERIBLEMENTE POR CURSO E/OU FAMILIAS.

ROGAMOS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE ,A SER POSIBLE,MANDEN AOS NENOS SOLOS DENDE O PORTAL, DADO QUE SEMPRE HABERÁ UNHA PERSOA(O CONSERXE OU UN MESTRE/A) PARA VIXIAR A ENTRADA NO PORTALÓN  E OUTRO MESTRE/A EN CADA UNHA DAS PORTAS DO PORCHE.

AQUELES PAIS/NAIS QUE SUBAN, DEBEN DEIXAR AO NENO NO PORCHE E SAÍR, SEN PARAR, POLO LADO OPOSTO Á SUBIDA.PEDIMOS, TAMÉN, QUE VEÑA UN SÓ FAMILIAR CON CADA NENO/A PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS NA ENTRADA.

SeladoMOITAS GRAZAS POR CUMPLIR AS NORMASSelado 

O EQUIPO DIRECTIVO

CANCIÓN COAS NORMAS BÁSICAS PARA FACER FRENTE AO CORONAVIRUS

Aquí tedes unha canción que vos pode axudar a levar mellor esta situaciónRisa

Todo o profesorado do colexio estamos desexando volver a vervos!

Podedes consultar a GUIA RESUMO das actuacións coordinadas en materia de saúde picando no enlace ou descargando o documento pdf que está adxunto.

MEDIDAS XERAIS COVID-19 PARA O INICIO DE CURSO 20/21

RESUMO DAS MEDIDAS XERAIS COVID-19 INICIO CURSO ESCOLAR 2021/22 SEGUNDO AS INSTRUCCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA

1.  O portalón do recinto escolar abrirase ás 08:45h. para facilitar a fluidez e evitar aglomeracións. As clases comezarán ás 09.00h.

2.  As familias que acompañen ao alumnado deberán subir polo lado dereito da rampa, deixará ao seu fillo/a na porta correspondente e, acto seguido, baixará polo lado contrario ao que subiu. AS FAMILIAS NON PODEN PERMANECER NO RECINTO ESCOLAR.

3.  NON HABERÁ FILAS NO PORCHE. Cada neno/a dirixirase á porta de entrada correspondente segundo o curso ao que pentenza:

                  · Porta A: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

                  · Porta B: Educación Infantil e 1º,2º e 3º de Educación Primaria

4.   O alumnado irá entrando ás aulas a medida que van chegando ao colexio, respectando a distancia de seguridade (1,5 m) e coa máscara correctamente colocada (obrigatoria para toda a primaria, e recomendable para E.infantil). Segundo as últimas instruccións dadas dende a Consellería, deberín traer UNHA MÁSCARA DE REPOSTO e  un estoxo para gardala. Recoméndase que cada neno/a traia a súa botella de auga.

5.   En cada porta de entrada haberá un mestre/a de garda que recibirá ao alumnado, indicándolle que desinfecten as mans nos expendededores que se atopan na entrada do edificio e se dirixan ás aulas correspondentes.

6.  Na porta da aula estará o mestre/a que ten clase a 1º hora co alumnado, volverá a desinfectarlles as mans e mandaraos situar no pupitre que lles corresponde.

7.   Na saída, en cada porta, tamén haberá un mestre/a controlando que a saída sexa fluída e se respecte a distancia de seguridade.

8.  O alumnado de E. Infantil que vai a casa á mediodía  sairá ás 13:50h. O alumnado de E.Primaria sairá ás 14:00h. AS FAMILIAS DEBERÁN RECOLLELOS NO PORCHE GARDANDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE E BAIXARÁN ACTO SEGUIDO.

9.   Para calquera xestión co centro educativo, que requira a presenza física, deberán pedir CITA PREVIA (trámites administrativos, dúbidas,etc), a través do teléfono do centro: 886 120 210 e/ou vía electrónica, ao correo: ceip.sansalvador@edu.xunta.es.

10. As familias deberán, DIARIAMENTE, avaliar a saúde do seu fillo/a antes de envialos ao colexio segundo o ANEXO I .ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19 (ver anexo ao final).

O primeiro día de clase cada neno/a levará un documento de COMPROMISO  PARA A REALIZACIÓN do ANEXO I,  e será devolto canto antes, asinado polos pais/nais ou titores legais. O ALUMNADO O ENTREGARÁ Á SÚA TITORA.

11. Todas as familias DEBERÁN FACILITAR UN TELÉFONO DE CONTACTO, QUE DEBE ESTAR SEMPRE OPERATIVO E AS FAMILIAS LOCALIZABLES EN TODO MOMENTO.

O EQUIPO COVID-19

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

INSTRUCIÓNS PARA O INICIO DE  CURSO

Resolución do 1 de setembro do 2020, pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 20/21

· O día 10 de setembro iniciará o curso o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e de 1º, 2ºe 3º de Educación Primaria. 

· O día 11 de setembro iniciará o curso o alumnado de 6º de Educación Infantil e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

·Debido a situación sanitaria actual, o horario variará. A entrada será dende as 8:45 ata as 9:00.

·Non se farán filas no porche. Os nenos subirán as aulas conforme vaian chegando tendo, obligatoriamente, que desinfectar as mans na entrada.

·Nos próximos días, o centro porá a disposición de toda a comunidade educativa as normas do plan de adaptación ao COVID-19 para o curso 20/21.

BOAS VACACIÓNS!

BOAS VACACIÓNS!

Todo o equipo de mestres do CEIP San Salvador queremos desexarvos a tod@s un bo verán cheo de momentos inesquecibles.

Recargade as pilas ao máximo para que en setembro podamos volver dando o mellor de cada un!

Unha aperta moi grande!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut