Skip to Content

MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID-19 NO CEIP SAN SALVADOR DE TEIS CURSO 2020/21

Medidas que se levarán a cabo no CEIP San Salvador

Dende o centro, estamos traballando moi duro para comezar este curso de forma segura.Selado

As medidas que a continuación se enumeran son un resumo do noso PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19:

1.Todas as aulas serán AULAS DE CONVIVENCIA ESTABLEo que significa que o alumnado dun curso nunca se mezclará co alumnado de outro curso. CADA ALUMNO/A TEN DESTINADO O MESMO PUPITRE PARA TODO O CURSO ESCOLAR (salvo necesidade de cambios por circunstancias que poidan sobrevir).

2.Haberá carteis INDICATIVOS de ENTRADA-SAÍDA (PORTA A para 4º-5º-6º de E.Primaria ; PORTA B para  E.Infantil ,1º,2º 3º de E.Primaria) con flechas coa dirección que deben tomar en cada caso(subir ou baixar).

3. CADA CURSO TEN ADXUDICADO UN CUARTO DE BAÑO, situado o máis preto posible da súa aula, que non poderá ser usado por alumnado de outro curso distinto.

4.As ENTRADAS E SAÍDAS faranse ORDENADAMENTE, DENDE O CURSO SITUADO MÁIS ARRIBA ATA O ÚLTIMO DE ABAIXO, de xeito que NON COINCIDAN NUNCA NAS ESCALEIRAS.

5. Todo alumnado MERENDARÁ NA AULA, sentados no seu propio pupitre 10min. antes da saída ao recreo.

6.Os RECREOS están SEPARADOS  EN  7 ZONAS (unha por curso); cada zona estará vixiada por un mestre/a.

7. HABERÁ UN CUARTO DE BAÑO EXCLUSIVO PARA UTILIZAR NA HORA DO RECREO (será limpado cada pouco por unha persoa da limpeza que virá tódolos días de 11 a 13 horas), E VIXIADO POR UN MESTRE, CERCIORÁNDOSE QUE OS NENOS/AS  VAIAN SEPARADOS E QUE SE LAVEN AS MANS DESPOIS DE USALO.

8. As ESPECIALIDADES (inglés, música) IMPARTIRANSE NA PROPIA AULA, para evitar tránsito polos corredoiros(salvo circunstancias de índole pedagóxica que precisen de cambio de espazo).

9. A BIBLIOTECA SERÁ EMPREGADA POR UN SÓ CURSO CADA DÍA.

10.HABERÁ 2 TURNOS DE COMEDOR e, en cada turno,HABERÁ DÚAS SALAS, CON MESAS INDIVIDUAIS SEPARADAS 1.5m , agás os de E.Infantil que están divididos en Grupos de Convivencia Estable, separados dos demáis 1.5m. AO COMEDOR BAIXARÁN ORDENADAMENTE, VIXIADOS POLOS MESTRES, cerciorándose que entran e se SENTAN SEMPRE NA MESMA MESA(salvo circunstancias excepcionais polas que deban cambiar de mesa, sempre no mesmo grupo).

11.As medidas para o TRANSPORTE son as estipuladas polas Instruccións da Xunta: CADA NENO/A IRÁ SENTADO SEMPRE NO MESMO ASIENTO, COA MÁSCARA POSTA.,PREFERIBLEMENTE POR CURSO E/OU FAMILIAS.

ROGAMOS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE ,A SER POSIBLE,MANDEN AOS NENOS SOLOS DENDE O PORTAL, DADO QUE SEMPRE HABERÁ UNHA PERSOA(O CONSERXE OU UN MESTRE/A) PARA VIXIAR A ENTRADA NO PORTALÓN  E OUTRO MESTRE/A EN CADA UNHA DAS PORTAS DO PORCHE.

AQUELES PAIS/NAIS QUE SUBAN, DEBEN DEIXAR AO NENO NO PORCHE E SAÍR, SEN PARAR, POLO LADO OPOSTO Á SUBIDA.PEDIMOS, TAMÉN, QUE VEÑA UN SÓ FAMILIAR CON CADA NENO/A PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS NA ENTRADA.

SeladoMOITAS GRAZAS POR CUMPLIR AS NORMASSelado 

O EQUIPO DIRECTIVO



book | by Dr. Radut