RESUMO DAS MEDIDAS XERAIS COVID-19 INICIO CURSO ESCOLAR 2021/22 SEGUNDO AS INSTRUCCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA
1. O portalón do recinto escolar abrirase ás 08:45h. para facilitar a fluidez e evitar aglomeracións. As clases comezarán ás 09.00h.
2. As familias que acompañen ao alumnado deberán subir polo lado dereito da rampa, deixará ao seu fillo/a na porta correspondente e, acto seguido, baixará polo lado contrario ao que subiu. AS FAMILIAS NON PODEN PERMANECER NO RECINTO ESCOLAR.
3. NON HABERÁ FILAS NO PORCHE. Cada neno/a dirixirase á porta de entrada correspondente segundo o curso ao que pentenza:
· Porta A: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
· Porta B: Educación Infantil e 1º,2º e 3º de Educación Primaria
4. O alumnado irá entrando ás aulas a medida que van chegando ao colexio, respectando a distancia de seguridade (1,5 m) e coa máscara correctamente colocada (obrigatoria para toda a primaria, e recomendable para E.infantil). Segundo as últimas instruccións dadas dende a Consellería, deberín traer UNHA MÁSCARA DE REPOSTO e un estoxo para gardala. Recoméndase que cada neno/a traia a súa botella de auga.
5. En cada porta de entrada haberá un mestre/a de garda que recibirá ao alumnado, indicándolle que desinfecten as mans nos expendededores que se atopan na entrada do edificio e se dirixan ás aulas correspondentes.
6. Na porta da aula estará o mestre/a que ten clase a 1º hora co alumnado, volverá a desinfectarlles as mans e mandaraos situar no pupitre que lles corresponde.
7. Na saída, en cada porta, tamén haberá un mestre/a controlando que a saída sexa fluída e se respecte a distancia de seguridade.
8. O alumnado de E. Infantil que vai a casa á mediodía sairá ás 13:50h. O alumnado de E.Primaria sairá ás 14:00h. AS FAMILIAS DEBERÁN RECOLLELOS NO PORCHE GARDANDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE E BAIXARÁN ACTO SEGUIDO.
9. Para calquera xestión co centro educativo, que requira a presenza física, deberán pedir CITA PREVIA (trámites administrativos, dúbidas,etc), a través do teléfono do centro: 886 120 210 e/ou vía electrónica, ao correo: ceip.sansalvador@edu.xunta.es.
10. As familias deberán, DIARIAMENTE, avaliar a saúde do seu fillo/a antes de envialos ao colexio segundo o ANEXO I .ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19 (ver anexo ao final).
O primeiro día de clase cada neno/a levará un documento de COMPROMISO PARA A REALIZACIÓN do ANEXO I, e será devolto canto antes, asinado polos pais/nais ou titores legais. O ALUMNADO O ENTREGARÁ Á SÚA TITORA.
11. Todas as familias DEBERÁN FACILITAR UN TELÉFONO DE CONTACTO, QUE DEBE ESTAR SEMPRE OPERATIVO E AS FAMILIAS LOCALIZABLES EN TODO MOMENTO.