Skip to Content

DÍA DO LIBRO 2020

DÍA DO LIBRO 2020

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro; un día que para un colexio é dos máis especiais do ano.

Este curso non o podemos festexar como tiñamos pensado nun principio, polo que debemos adaptarnos a esta nova situación e, entre todos, tratar de disfrutalo ao máximo.

Neste tempo de confinamento, un libro é un medio que nos permite viaxar a lonxanos lugares coa nosa imaxinacióm: dende o Polo Norte ás selvas máis salvaxes, a planetas lonxanos, a cidades incribles...

Por iso, propoñemos dende a biblioteca do centro diversas actividades para realizar en familia, coas que podemos divertirnos e, tamén, desenvolver a nosa imaxinación. Podedes velas no blog do cole ou picando directamente neste ENLACE

Tamén podedes acceder a unha gymkhana literaria e outros recursos picando nos ficheiros adxuntos.

Moito ánimo de todo o profesorado do CEIP San Salvador!!

AdxuntoTamaño
GYMKHANA LITERARIA -comp..pdf2.45 MB
CUENTOS-comprimido.pdf2.92 MB


book | by Dr. Radut