Segundo a Instrución 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-22,
Iníciase o prazo de solicitude de praza para usuarios do comedor escolar para o curso 2021/22.
Adxuntamos o formulario coa solicitude que se terá que entregar en secretaría seguindo as instrucións que veñen recollidas en dito documento.
Pregamos as lean con atención.
Prazo de admisión de solicitudes: do 1 ao 12 de xullo ( ata as 12:00h).
Ademais, adxuntamos o anexo IV correspondente á apertura do prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as voluntarios/as de comedor. Na secretaría do centro, recollerase o formulario de inscrición para pais/nais/titores legais colaboradores/as do comedor do vindeiro curso.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude.pdf | 114.61 KB |
Anexo IV- Prazo admisión colaboradores de comedor.pdf | 605.6 KB |
Instrucion_2-2021_Comedores_XD.pdf | 918.17 KB |