Skip to Content

Articles

Día da Paz

Xa podedes ver na Galería as fotos do Día da Paz, celebrado o 30 de xaneiro.

Clic na imaxe para acceder.

 

CANCIÓN DÍA DA PAZ

  Este é o baile que temos preparado para celebrar O Día da Paz.

 

 
Agora toca practicar!!!
 

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro, os nenos e as nenas do colexio de Darbo, celebramos un día moi especial: O DÍA DA PAZ.

Ás 10:45 as alumnas e alumnos de 6º baixamos ao patio cun señor que nos ensinou  a coller as pombas que íamos soltar. Nós, por suposto, estabamos nerviosos porque nunca nas nosas vidas colleramos unhas pombas.

Cando chegou a hora baixamos para o patio todos os cursos. Fómonos colocando formando un arco da vella mentres representntes de cada clase lían os manifestos pola paz. Todos xuntos cantamos a canción "Os nenos queremos a PAZ" do grupo "3+2".

A continuación procedemos á solta das pombas. Ás nosas compañeiras Sara e María, escapáronselles ao tentar collelas.

FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO!!

30 de xaneiro: Día da Paz

O luns 31 de xaneiro no cole era un día moi especial: celebramos o Día da Paz, un día no que se manifesta a paz mundial.

E para iso, despois do recreo realizamos unha bonita actividade: todas as nenas e nenos do colexio formamos un semicírculo no patio. Dentro deste semicírculo colocamos un gran mural colectivo, realizado entre todos os cursos, dende infantil ata sexto. Despois, representantes de cada curso leron un Manifesto pola Paz. A continuación cantamos a canción “Un mundo nas túas mans” e, mentres tanto, iamos pasando de mans en mans unha bola do mundo.

Finalmente, soltamos dúas pombas brancas en sinal de liberdade para toda as persoas.

Na galería fotográfica podes ver as fotos deste día.

Día da Paz

O aniversario da morte de Gandhi, que neste ano cúmprense 60 do seu asasinato, é a razón pola que cada 30 de xaneiro se celebra o Día da Paz. Este día lémbranos que a educación debe basearse na concordia, na tolerancia, no respecto mutuo, na defensa dos dereitos humanos, eliminando a violencia en calquera das súas formas.

Hoxe celebramos no noso centro este Día.

Alumnos e alumnas do colexio bailan en círculo unha danza.Nenas e nenos sosteñen un mural realizado coas bandeiras dos países.

Confeccionamos entre todos os nenos e nenas un gran mural coas bandeiras dos países do mundo coa palabra PAZ colocada enriba simbolizando que a amizade non ten fronteiras nin fai diferenzas.

Lemos un manifesto a favor da PAZ e a amizade, realizado polo alumnado de 6º curso.

Bailamos danzas do mundo:

1º ciclo: Paprika lady, Hungría

2º ciclo: Walenki, Rusia

3º ciclo: Chapeloisse, danza celta

Todos: Kolosrem, Serbia

Cantamos todos xuntos a canción "Paz e amor".

E finalmente soltamos unha pomba como sinal de libertade para todas as persoas.

>



by Dr. Radut