Skip to Content

Articles

FESTA DE ANTROIDO

 

O VENRES 17 DE FEBREIRO FAREMOS O DESFILE DE ANTROIDO NOS ARREDORES DO COLEXIO. 

A PARTIR DAS 12.30 HORAS.

ESTADES TOD@S INVITAD@S

ENTROIDO 2022

Queridas familias e membros da comunidade educativa:

O ENTROIDO chega á nosa escola!

Ao longo da semana iremos traballando nas aulas as costumes, os traxes e as tradicións típicas do entroido galego, entre outros cos nosos mestres/as. A Farroupeira amenizaranos a semana invitándonos a disfrazar unha parte do corpo cada día.

As consignas serán as seguintes:

- LUNS 21 DE FEBREIRO: disfrace dos pés.

-MARTES 22 DE FEBREIRO: disfrace das mans e dos pés.

-MÉRCORES 23 DE FEBREIRO: disfrace da cabeza, mans e pés/ ou todo o corpo.

-XOVES 24 DE FEBREIRO: traemos o pixama xa que somos noctámbulos

-VENRES 25 DE FEBREIRO: FESTIVAL DO ENTROIDO. DISFRACE LIBRE INTENTANDO QUE ESTÉ FEITO CON MATERIAL DE RECICLAXE.

Ademais, o venres 25 de febreiro parte do alumnado fará unha exhibición de danza típica de Cangas "Madamas e Galáns". Gozarán dun recreo máis amplo con música de entroido e tomaremos chocolate con orellas!.

*IMPORTANTE:

Cada un dos alumnos/a deberá traer unha taza/vaso para tomar o chocolate e así non desbotar tanto plástico na escola favorendo un ecosistema sostible.

Lembramos que o noso centro está inmerso no proxecto Educ-Arq e potencias a adquisión dos ODS para así favorecer un centro limpo onde o alumnado sexa o protagonista deste cambio de forma consciente.

Un saúdo e FELIZ ENTROIDO!

 

 

Entroido 2018: vídeo

Celebramos o entroido

Este pasado 12 de febreiro celebramos no colexio a festa de entroido. Durante o recreo as nenas e os nenos saborearon o riquísimo chocolate e as deliciosas orellas de entroido. Posteriormente, o desfile e as cantigas fixéronnos gozar a todos. É destacar a gran cantidade de nenas e nenos disfrazados.

Outorgáronse os seguintes premios:

Diploma á copla máis enxeñosa: alumnado de 1º EP.

Diploma á mellor comparsa: Educación infantil.

Diploma ao disfrace máis orixinal: Lois Guitián.

Diploma ao disfrace máis ecolóxico: Rebeca Menduiña.

 

Diploma á mellor comparsa: educación infantil

Diploma á copla máis enxeñosa: 1º curso EP

 Diploma á mellor comparsa 2010 Diploma á copla máis enxeñosa 2010

Diploma ao disfrace máis orixinal: Lois Guitián

Diploma ao disfrace máis ecolóxico: Rebeca Menduiña

Diploma disfrace máis orixinal

Diploma disfrace máis ecolóxico

Preme en calquera foto para ver todas as imaxes do entroido.

Celebración do Entroido

Despois de vestirnos durante esta semana como a Patarrona mandaba, o venres 20 celebramos o entroido

A partir das 13 horas, ao acabar de tomar chocolate e orellas, saímos ao patio e desfilamos e cantamos as nosas cantigas de entroido.

Este ano concedéronse os seguintes premios: 

Á comparsa máis divertida:

A CASA DO COELLIÑO BRANCO, de EI

 

 Comparsa A casa do coelliño branco

 Ao disfrace máis orixinal:

ANANO, de 5º curso de EP 

Anano

 Ao mellor disfrace de reciclaxe:

GUERREIRA DO ESPAZO, de 5º curso de EP 

Guerreira espacial

 Á copla máis enxeñosa:

O BUS, de 6º curso de EI

Podes ver as fotos deste entroido na GALERÍA

Que ben, que chega o entroido!

Que ben o imos pasar o día 20, todos iremos disfrazados. No recreo tomaremos orellas e chocolate e despois desfilaremos disfrazados e cantaremos as coplas de entroido.

Este ano haberá un xurado que vai entregar premios aos gañadores nestas categorías:

A PatarronaComparsa máis divertida

Disfrace máis orixinal

Copla máis enxeñosa

Mellor disfrace de reciclaxe.

E teremos a visita da Patarrona, que nos vai vestir ata completar o disfrace.

 

 

Pero sabedes quen é a Patarrona?

Pois a Patarrona é un personaxe típico do entroido e vén sendo unha boneca, unha bruxa ou un estraño ser (segundo os casos) que ten cinco patas e á que lle gusta moito mandar.

Nos 5 días previos (un por cada pata) á celebración do día do entroido a Patarrona é a xefa e dá ordes que se deben cumprir. O máis normal é que mande que cada día da semana nos disfracemos ou nos vistamos con determinadas prendas.

A Patarrona disfrazada de mariñeiroA "visita" deste personaxe aos centros educativos é moi común. Créase unha boneca e cada día da semana vaise disfrazando coas prendas que todos deben portar. Tamén é frecuente que se faga un debuxo da Patarrona colgando de cada unha das súas patas as ordes para cada día.

Neste ano, a Patarrona iranos vestindo ata completar o disfrace de mariñeiro de Santa Marta de Fóra:

Luns: un gorro de mariñeiro (de lá, polar,...)

Martes: camiseta ou xersei a raias

Mércores: pantalón de faena

Xoves: utensilio de pesca (rede,...)

O entroido

Chegou o entroido e tamén no cole celebramos esta tradicional festa. Durante a semana, e para ir facendo ambiente, xogamos á Patarrona: cada día había que vestir o maior número de prendas posible da mesma cor. O mércores foi o día da Paz e ese día todos iamos de branco

Profesorado disfrazadoProfesora con máscara de ra, con dosu nenos ao seu lado

O venres tivemos a festa. No recreo tomamos chocolate e unha lambetada típica destas época como son as orellas. Logo disfrazámonos, cada un como quixo, pero en infantil ían todos os nenos, as nenas e as profesoras e algunha mamá vestidas de rá. ¡Mimadriña canta ra! Estaban moi guapas. Cantamos as coplas e bailamos.

Foi todo moi bonito porque case todos nos disfrazamos, incluídos os profes.



by Dr. Radut