Skip to Content

6ºA

TAREFAS SEMANA 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

As tarefas están publicadas no blogue da clase así como as solucións xerais das tarefas anteriores. 

Ánimo e saúdos.

 

 

Tarefas de E.F. do 16 ao 29 de marzo

Trátase de actividade físicas para poder realizar en espazos pequeno e con axuda de vídeos.

As actividades son diferentes de luns a sábado e mentres dure o confinamento.

É importante facer exercicio todos os días. Algúns días son máis intensos ca outros.

Se vos perdedes nalgún momento do vídeo non vos preocupedes,  xa irá saíndo mellor,  pero o que máis importa son as ganas.

 Ti podes!

 

INGLÉS DO 16 AO 29 DE MARZO

NOVAS PARA OS DÍAS DE CORENTENA

Ola, 

Debido ao acontecido estes días, o sistema de comunicación que utilizaremos coas familias é o de Abalar Móbil así como a web do centro e a dirección do correo do blog:

obloguedasabellas@gmail.com

Aportaremos recursos, vídeos, explicacións, resumos ao alumnado a través do blog :

www.obloguesextum.blogspot.com

Nembargantes, xa teñen as tarefas distribuídas por áreas e contidos para os primeiros quince días de confinamento:

-Matemáticas

-Lengua Castellana

-Lingua Galega

-Ciencias Naturais

-Ciencias Sociais

-Valores

Iremos engadindo  nas vindeiras semanas tanto as tarefas coma os recursos necesarios para axudalos na súa aprendizaxe, usando a web e o Abalar Móbil (aplicación que se pode descargar en calquer momento) para resolver as dúbidas pertinentes.

Grazas a todas e a todos.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 1" (16-29 marzo).

 A por 6 puntos!

1. Notas si-la-sol-fa. Son as que traballamos nos ditados melódicos. Sabelas ler no pentagrama e saber a súa posición na frauta doce. Non fai falta sonar a frauta, practicar con ela baixo a boca, no mentón como facemos na clase.

2. Cando saia, aprender a nota mi tamén no pentagrama e na frauta (adxunto imaxe das posicións).

    Grazas!.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut