Skip to Content

4ºA

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Ola novamente!! Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e Elmer dende o blog da biblioteca proponvos unha actividade para facer. Así que, veña!!! Invítovos a que vaiades a mirar de que se trata. É moi fácil, so tedes que ir ao Blog de Elmer que atoparedes no apartado de biblioteca na web do cole. Estamos desexando ver os vosos traballos. Ánimo.

 

TAREFAS DE INGLÉS (30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL)

Ola a todos/as!

Explícovos por aquí as tarefas para facer durante esta semana en inglés.

Como sabedes, estes días comezou unha nova estación do ano (a primavera- Spring en inglés). Podedes escoitar estas dúas cancións sobre Spring, para iso premede nestes enlaces ou colocade a dirección no voso navegador.

https://www.youtube.com/watch?v=QdBbBZkITxA

https://www.youtube.com/watch?v=DobrRgD5aOU

A continuación, faremos uns exercicios sobre esta temática, para iso tedes que ir ao documento adxunto.

Moito ánimo e boa semana!

 

MÚSICA E PLÁSTICA. Tarefa "Queda na casa 2" (30 marzo-3 abril)

As tarefas de Música e de Plástica desta semana están no blog de Música.

Le atentamente o documento adxunto debaixo destas indicacións.

Entra no blog e fai clic na entrada principal titulada Benvidas e benvidos. Le e mira o vídeo.

Vai á pestana LINGUAXE MUSICAL, entra en Linguaxe musical 4º e realiza as actividades 1 e 2.

Vai á pestana PARTITURAS e busca Partituras 4º e realiza as actividades 1 e 2.

Vai á pestana MÁIS ARTE e busca Plástica 4º e realiza as actividades 1, 2 e 3.

Listo!.

Boa semana.

Tarefas 4º (do 30 de marzo ao 3 de abril)

Ola rapaces e rapazas de 4º!

As tarefas que vos propoñemos están pensadas para facer nunha semana. Seredes vos mesmos os que vos organicedes para facer un pouco cada día de xeito que  non se acumule o traballo para os últimos días nin que fagades todo nos dous primeiros días. Algunhas das actividades propostas levan enlaces aos libros dixitais que teñen os seus contidos en aberto. Os que non teñades libros de texto, podedes poñervos en contacto comigo a través do correo maria.mercedes.garcia@edu.xunta.es. Sería convinte que as tarefas queden rexistradas nos cadernos ca data da súa realización agás as que son para realizar no ordenador. ÁNIMO A TOD@S!!

Mercedes.

Matemáticas:

Unidade 8: nesta unidade imos aprender como se fan sumas, restas e multiplicacións con números decimais. Para esto podedes ver uns vídeos nos que se explica moi ben como facelo e despois fagades as tarefas.

Suma de decimais:

Ver vídeo  https://www.youtube.com/watch?v=_ZVzEBzl1VA&t=24s

Facer exercicios páxina 112 (1,2,3) e os problemas da páxina 113

Resta de decimais:

Ver vídeo https://www.youtube.com/watch?v=CDSUwWta3Hk&t=53s

Facer exercicios páxina 114 e 115 (1,3,4)

Multiplicar decimais:

Ver vídeo https://www.youtube.com/watch?v=NvituzALMpU&t=157s

Facer exercicios páxina 116 (1,2,4)

Unidade 9: 

Esta unidade é de repaso.

Ler  páxina 127.

Facer os problemas da páxina 132 e 133 (1,2,3,4)

Unidade 10:

Esta unidade é de repaso.

Ler a páxina 141.

Facer os exercicios da páxina 150 (1,2,3,6)

Lingua castelá: fichas dos anexos que aparecen abaixo

Lingua galega: fichas dos anexos que aparecen abaixo

Ciencias Sociais: 

Facer as actividades do punto i. Lectura: Fabricamos un coche (as actividades son as que aparecen á dereita, da 1 ata a 6)

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais4/program/index.html#/ap?l=679&t=117033&a=117042

Ciencias Naturais:

Facer as actividades do punto i. O primeiro foguete (as actividades son as que aparecen á dereita, da 1 ata a 7)

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais4/program/index.html#/ap?l=682&t=131361

 

Tarefa de E.F. do 16 ao 29 de marzo

Trátase de actividade físicas para poder realizar en espazos pequeno e con axuda de vídeos.

As actividades son diferentes de luns a sábado e mentres dure o confinamento.

É importante facer exercicio todos os días. Algúns días son máis intensos ca outros.

Se vos perdedes nalgún momento do vídeo non vos preocupedes,  xa irá saíndo mellor,  pero o que máis importa son as ganas.

 Ti podes!

 

Tarefas de Inglés (16-29 de marzo)

Ola a todos/as !

Primeiramente, enviarvos moita forza ante esta situación na que estamos.

Deixo aquí as recomendacións para traballar na área de inglés. Como sabedes son opcionais e mirarémolas cando volvamos retomar as clases.

Facer dende a páxina 33 ata a 36 do Activity Book. Repasar as horas (o´clock / quarter past/ half past and quarter to) e as expresións relacionadas coas rutinas (get up / have breakfast/ go to school / have lessons/ have dinner/ go to bed).

No arquivo adxunto hai algúns exercicios (opcionais) para repasar estes contidos.

Un saúdo e vémonos pronto!

Ola familias!

Ola familias! Como xa sabedes o estado de alarma prorrógase 15 días máis. As tarefas que puxemos ata agora son suficientes ata o dia 29. A partir de aí, iremos enviando tarefas e propoñéndovos actividades. De momento, deixámosvos un enlace interesante do Ministerio de Educación e Formación Profesional no que Clan TV  de RTVE emitirá contidos das distintas materias, concretamente para 8-10 anos en horario de 10 a 11. Por outra parte dicirvos que estamos á vosa disposición a través da aplicación abalarMóbil. Estade atentos ás novas.  

https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200321-mefprtve.html

Desexamos que todos esteades ben e con saúde e que poidamos vernos pronto.

Ánimo e apertas aos nosos nenos e nenas!

As titoras de 4º

Tarefas 4º (16-29 marzo)

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 1" (16-29 marzo).

A por 6 puntos!

1.    Notas do´-si-la-sol-fa-mi-re. Sabelas ler no pentagrama e saber a súa posición na frauta doce (adxunto imaxe das posicións). Son as da partitura Pequeño paseo medieval. Repasala coa frauta sen sonar levando mentalmente o ritmo (pan, leite, sa-al…). Respectar os silencios e fixarse se hai repeticións. 

2.    Acabar de colorear o xilófono (do´vermello, si morado, la azul escuro, sol azul claro, fa verde, mi amarelo, re laranxa. Adxunto imaxe).

       Grazas!.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut