Skip to Content

2ºB

INGLÉS 25-29 MAIO

Hello boys and girls!  How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

Desta vez imos repasar o vocabulario sobre a roupa. Para iso, en primeiro lugar gustaríame que visualizarades a seguinte historia, así que pinchade no seguinte enlace. Espero que vos guste: https://www.youtube.com/watch?v=KBcJZOA3Cuk&list=PLAVCV4yPW7Kbx7X7lrNg8Kb-d4XJLiebo&index=3

Podedes repasar tamén a UNIT 1 do voso libro Big Surprise, que trata sobre a roupa. A continuación, ide ao documento ADXUNTO e facede as tarefas escritas relacionadas cos contidos anteriores.

 Recordade: Se non tedes impresora copiade os exercicios nunha folla.

Esta semana quero que me enviedes as tarefas escritas do documento adxunto ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou a través de Blinklearning.

Boa semana e ánimo.  Kisses, bye!

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 9" (25-29 maio)

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola! Achegamos as tarefas para traballar ao longo desta semana. 

Agardamos que todos e todas sigades ben. 

Un saúdo. 

As titoras de 2º.

INGLÉS 18-22 MAIO

Hello boys and girls!  How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

Seguiremos repasando as partes e elementos da casa así que gustaríame que forades ao Class Book de Amazing Rooftops en Blinklearning - UNIT 1 pages 10-11. (Recordade pinchar sobre o libro en miniatura para que se desplegue a barra azul coas unidades e así acceder ás páxinas indicadas). Mirade o vídeo sobre a historia Where is Kitty? pinchando no icono do vídeo e lede tamén a historia varias veces. Logo pasade á páxina 12 e facede os exercicios 1 e 2 que son de escoitar. De seguido, ide ao documento ADXUNTO e facede as tarefas escritas relacionadas cos contidos anteriores.

 Recordade: Se non tedes impresora copiade os exercicios nunha folla.

Esta semana quero que me enviedes as tarefas escritas do documento adxunto ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou a través de Blinklearning.

Boa semana e ánimo.  Kisses, bye!

LETRAS GALEGAS 2020

Como hoxe é o día das Letras Galegas deixámosvos o enlace ao blog de Elmer con novas propostas.

Recordade que son totalmente voluntarias ;-) 

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

 

TAREFAS SEMANA DO 18 MAIO

Bos días!

Aquí vos deixamos colgadas as tarefas da semana do 18 ao 22  de maio.

Moito ánimo que xa queda menos!

 

Que traballamos o próximo curso?

Bos días nenos e nenas!! Como estades?

É importante que pasedes polo blog da biblioteca, xa que Elmer o e Equipo de Biblioteca propoñen tres posibles temas para traballar durante o próximo curso. Entrade no blog para ver cal vos gustaría máis e a votar.

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 7" (11-15 maio)

Aquí a tarefa desta semana:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-2.html

Ides xenial!.

Grazas!.

Chus Religión 10 Maio.

Ola nenos e nenas! Xa estamos no mes de maio como sabedes. Fai pouquiño celebramos o Dia da Nai. Este mes tamén imos lembrar a nai de Xesús, María.

Así que aquí tedes algunhas cousiñas. Moitos bicos a todos.

MIS DOS MAMÁS:https://www.youtube.com/watch?v=h6mcoxqJkzI

Una fiesta en Caná: https://www.youtube.com/watch?v=D9Wg8uW0PN8&list=PLLNIcibuuhvz7tmFO0OtGu5H3h1GLg63E&index=5&t=0s

Historias de la Biblia para niños – José y María – Pequeños Héroes https://www.youtube.com/watch?v=1eNaSYnyLRM

Distribuir contido


by Dr. Radut