Skip to Content

1ºB

TAREFAS DE INGLÉS (30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL)

Estes días estamos empezando una nova estación do ano; a primavera, que se di Spring en inglés. Invítovos a que escoitedes a seguinte canción sobre esta estación en inglés e logo que intentendes cantala vós mesmos. Só tedes que copiar e pegar a dirección web no voso navegador ou premer aquí directamente.

https://www.youtube.com/watch?v=QdBbBZkITxA

Agora toca traballar un pouco…

Para iso tedes que ir ao documento adxunto. (No caso de non terdes impresora podedes facer vós mesmos o debuxos).  Como podedes ver son catro tarefas moi sinxelas; a primeira escribir palabras que apareceron na canción, a segunda completar una frase cunha palabra en inglés que tamén está na canción, a terceira colorear e a cuarta facer un debuxo que leve como título “The Spring”.

ÁNIMO E BOA SEMANA! 

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 2" (30 marzo-3 abril)

Copia e pega o seguinte enlace na barra de direccións web para acceder á tarefa desta semana:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-1.html 

Os/as que non tedes o caderno na casa podedes facer todo igual agás as páxinas indicadas.

Grazas.

 

Tarefas de E.F. do 16 ao 29 de marzo

Trátase de actividade física para poder realizar en espazos pequenos e con axuda de vídeos.

As actividades son diferentes de luns a sábado e mentres dure o confinamento.

É importante facer exercicio todos os días. Algúns días son mais intensos ca outros.

Se vos perdedes nalgún momento do vídeo non vos preocupedes, xa irá saíndo mellor, pero o que máis importa son as ganas.

Ti podes!

Tarefa de Inglés do 16 ao 29 de marzo

Ola a todos/as! 

En primeiro lugar, darvos moito ánimo para levar o mellor posible esta situación que estamos a vivir.

Deixo as recomendacións que considero oportunas para traballar:

Facer as páxinas 22, 23 e 25 do Activity Book, repasando así o vocabulario da unidade dos animais (elephant, tiger, monkey, turtle, spider, snake, leopard and bear).

Poden repasar tamén os números do 1 ao 10 e as cores.

Nos adxuntos van exercicios para repasar estes contidos.

Un saúdo a todos e a todas!.

 

 

Benvida

Estimadas familias,

 Gustaríame transmitirvos moito ánimo e forza nesta situación tan difícil que estamos a vivir. Agardo que os nenos e nenas e  todos vós  esteades ben e que, dentro de pouco tempo, recordemos esta situación  como un mal soño.

Debido a que a suspensión das clases vai alargarse no tempo, sería necesario continuar coa programación prevista para o último trimestre. Por iso, a través deste blog iremos colgando actividades e tarefas de xeito semanal cumprindo o horario escolar.

Para este trimestre sería conveniente rematar o tema 8 do libro de Matemáticas (ata a páxina 130). Para explicar uso dos signos de maior e menor, adxunto un link que lle pode  ser de axuda.

https://www.youtube.com/watch?v=oqFiUXpXtFE

Cabe dicir tamén que, para calqueradúbida ou suxestión, poderedes usar a aplicación de AbalarMóbil para manter unha comunicación máis individualizada.

Por último, gustaríame dar as grazas polo gran esforzo que estades a facer e sobre todo os nenos e nenas que son os verdadeiros campións e campioas desta situación.

Un saúdo!

 

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 1" (16-29 marzo).

A por 6 puntos!

Exercicios de repaso das páxinas do caderno rodeadas en cor vermella. Aquelas e aqueles que teñan páxinas atrasadas poden aproveitar para facelas e corrixireinas cando retomemos as clases presenciais. 

Grazas!.

Distribuir contido


by Dr. Radut