Skip to Content

1ºA

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 3" (14-17 abril)

Comezamos o 3º trimestre.

Seguimos aprendendo!.

A tarefa de Música desta semana atopádela no seguinte enlace:

(Baixade ata que atopedes o título "Tarefa queda na casa 3" debaixo da tarefa anterior. Así irán aparecendo nas vindeiras semanas para que podades repasar o anterior todas as veces que queirades).

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-1.html

O meu libro preferido!

Dende a biblioteca do cole queren coñecervos un pouco máis e para iso propoñen unha actividade moi divertida que consiste en facer un vídeo no que contades cal é o voso libro preferido.

No blog de Elmer podedes atopar toda a información para poder participar:

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

BLINKLEARNING LICENCIAS DE INGLÉS

Hello boys and girls!

Para poder acceder aos libros dixitais tedes que darvos de alta na web https://www.blinklearning.com/home seguindo as instrucións que aparecen no documento adxunto.

 A clave para a vosa clase 1º A é a seguinte: CL78984271

Despois do voso rexistro, poderemos comunicarnos tamén a través desta plataforma e facer algunhas tarefas.

En 1º vanvos aparecer dous novos libros; xa que cos que traballábamos na aula de Big Surprise non están dispoñibles en dixital. Trátase dun Class Book e dun Activity Book Amazing Rooftops 1. Iremos vendo pouco a pouco a maneira de traballar con eles.

Agora descansade un pouco e á volta das vacacións volveremos estar en contacto.

MOITO ÁNIMO!

Bye,bye! See you soon!

Ana

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Boas tardes! Temos que contarvos que hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil xa que se celebra o nacemento de Christian Andersen, un escritor moi coñecido. Dende a biblioteca do cole invitámosvos a participar, de xeito voluntario, facendo un debuxo sobre un conto deste autor. No blog de Elmer poderedes ver as pautas de como participar.

Unha aperta e ánimo!  

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

TAREFAS DE INGLÉS (30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL)

Estes días estamos empezando una nova estación do ano; a primavera, que se di Spring en inglés. Invítovos a que escoitedes a seguinte canción sobre esta estación en inglés e logo que intentendes cantala vós mesmos. Só tedes que copiar e pegar a dirección web no voso navegador ou premer aquí directamente:

https://www.youtube.com/watch?v=QdBbBZkITxA

 Agora toca traballar un pouco…

Para iso tedes que ir ao documento adxunto. (No caso de non terdes impresora podedes facer vós mesmos o debuxos).  Como podedes ver son catro tarefas moi sinxelas; a primeira escribir palabras que apareceron na canción, a segunda completar una frase cunha palabra en inglés que tamén está na canción, a terceira colorear e a cuarta facer un debuxo que leve como título “The Spring”.

ÁNIMO E BOA SEMANA! 

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 2" (30 marzo-3 abril)

Copia e pega o seguinte enlace na barra de direccións web para acceder á tarefa desta semana:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-1.html 

Os/as que non tedes o caderno na casa podedes facer todo igual agás as páxinas indicadas.

Grazas.

 

Tarefas de E.F. do 16 ao 29 de marzo

Trátase de actividade físicas para poder realizar en espazos pequeno e con axuda de vídeos.

As actividades son diferentes de luns a sábado e mentres dure o confinamento.

É importante facer exercicio todos os días. Algúns días son máis intensos ca outros.

Se vos perdedes nalgún momento do vídeo non vos preocupedes,  xa irá saíndo mellor,  pero o que máis importa son as ganas.

 Ti podes!

Tarefas de Inglés do 16 ao 29 de marzo

Ola a todos/as! 

En primeiro lugar, darvos moito ánimo para levar o mellor posible esta situación que estamos a vivir.

Deixo as recomendacións que considero oportunas para traballar:

Facer as páxinas 22, 23 e 25 do Activity Book, repasando así o vocabulario da unidade dos animais (elephant, tiger, monkey, turtle, spider, snake, leopard and bear).

Poden repasar tamén os números do 1 ao 10 e as cores.

Un saúdo a todos e a todas!.

Benvida a 1º A

Estimadas familias,

no blog da clase de 1º B poden atopar documentos adxuntos con contidos das diferentes áreas para que o alumnado poda  ir repasando e reforzando nas súas casas, sempre de xeito voluntario.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 1" (16-29 marzo).

A por 6 puntos!

Exercicios de repaso das páxinas do caderno rodeadas en cor vermella. Aquelas e aqueles que teñan páxinas atrasadas poden aproveitar para facelas e corrixireinas cando retomemos as clases presenciais.  

Grazas!.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut