Skip to Content

1ºA

TAREFAS DE INGLÉS 27-30 ABRIL

Hello kids! How are you?

Déixovos  por aquí ,unha semana máis ,o que programei para traballar durante os próximos días.

Ide ao Class Book en blinklearning.

 Ao pinchar nel apareceravos á dereita a primeira páxina do libro. Tedes que volver a pinchar sobre a portada do libro en miniatura e  ao lado  desplegarase unha barra azul vertical na que aparecen todas as unidades do libro. Ide a Unit 2 (By the river), apareceranvos en pequeno as páxinas da unidade.

Ide á páxina 16, que é a primeira.  Desta vez repasaremos os animais en inglés.

 Na páxina 16 facede os exercicios 1 e 2 que son de escoitar e na páxina 17 o exercicio 1, onde tamén poderedes escoitar a canción da unidade (icono do vídeo-song).

Logo propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que escribir os nomes dos animais e colorealos. Tamén me gustaría que debuxarades o voso animal favorito .

Recordade: Se non dispoñedes de impresora facede os debuxos e escribide  nunha folla.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

 

Boa semana e ánimo

Kisses, bye!

 
What do you want to do ?

New mail

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 5" (27-30 abril)

A tarefa desta semana atópase no seguinte enlace:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-1.html

Grazas!.

 

Actividades de Educación Física do 27 ao 30 de abril

A profe Raquel de Educación Física propón para esta semana un xogo moi divertido que atoparedes no pdf. Ademais quere que sigades bailando, por iso a tarefa desta semana será facer o baile número 2 de zumba! Toca mover o esqueleto!!!

 

https://www.etapainfantil.com/zumba-ninos

https://youtu.be/FP0wgVhUC9w

E.F

Novos enlaces para facer actividade física na casa.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 4" (20-25 abril)

A tarefa de Música desta semana atopádela no seguinte enlace:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-1.html 

Os alumnos-as que non teñen o caderno, deben seguir as actividades a través do enlace que proporciono, que leva directamente á tarefa de cada semana no blog de Música. As tarefas acumúlanse por orde de realización, polo que a nova tarefa sempre se vai atopar no último lugar e separada das demais polo seu título (Tarefa queda na casa 3, tarefa queda na casa 4...).

Moitas grazas!.

 

 

 

Tarefas do 20 o 24 de Abril

Ola peques!

Enviovos as tarefas do 20 ó 24 

Xa sabedes que mas podedes enviar para correxir a:

mariaisabel.vazquez@edu.xunta.es

Un bico moi forte.

 

Mari

Actividades de Educación Física

A profe Raquel de Educación Física proponvos un Scape Room moi divertido para que os vosos papis podan facer con vós. No pdf que se adxunta podedes atopar máis información.

Tamén quere que sigades bailando e pasándoo xenial, por iso vos deixa unhas coreografías de zumba para que, esta semana, practiquedes a número 1.

https://www.etapainfantil.com/zumba-ninos

https://www.youtube.com/watch?v=pkRTgXy4HeQ#action=share

TAREFAS DE INGLÉS do 20 ao 24 ABRIL

Hello kids! How are you?

Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Ide ao Class Book na aplicación de Blinklearnig.

 Ao pinchar nel apareceravos á dereita a primeira páxina do libro. Tedes que volver a pinchar sobre a portada do libro en miniatura e  ao lado  desplegarase unha barra azul vertical na que aparecen todas as unidades do libro. Ide a Unit 1(In the park), apareceranvos en pequeno as páxinas da unidade.

Ide á páxina 6, que é a primeira. Estudaremos os xoguetes en inglés.

Facede os exercicios de ver e escoitar, pinchando nos iconos do altavoz e do vídeo. Na páxina 7, no exercicio 1 arriba de todo á dereita podedes escoitar a canción da unidade (icono do vídeo-song)

Logo propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que pegar o nome de cada xoguete ao seu lado e colorear. (Se non tedes impresora facede os debuxos nunha folla).

Calquera dúbida, consultádeme pola aplicación blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal.

Bye!

TAREFAS DE INGLÉS do 14 ao 17 ABRIL

Hello kids! How are you?

Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Gustaríame que forades á aula virtual de blinklearning na que estades rexistrados e accederades ao Class Book nas páxinas 2 e 3 (Welcome to the park Street).

Vedes que aparecen varios exercicios, de audio e de vídeo. Se premedes nos iconos do altavoz e do vídeo poderedes escoitar e ver.

Logo de ver os vídeos propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que colorear as portas como se vos indica e logo escribir debaixo a cor de cada unha en inglés. (Xa sabedes, se non tedes impresora podedes facer vós os debuxos).

Calquera dúbida, consultádeme no correo amparpaz@edu.xunta.gal.

Bye!

Tarefas do 14 de abril 17 de Abril

Estimadas familias,

 Antes de comezar, quero transmitirvos moito ánimo e forza xa que é unha situación moi dura esta que estamos a vivir. Debido a que, de momento, a Consellería non deu unhas directrices a seguir para levar a cabo a actividade docente, non sabemos se podemos ir avanzando nos contidos dos libros do 3º trimestre. Por iso propoño unha serie de fichas de repaso e reforzo dos contidos tratados no 2º trimestre para a semana do 14 ao 17 de abril. Son actividades voluntarias e non é necesario que se impriman se non se dispón de impresora. Poden poñer nunha libreta ou nun folio a data e a asignatura ademais do número de exercicio. Quero remarcar a importancia de que lean con eles todos os días un pouquiño e que fagan pequenos ditados ou que escriban sobre temas que lles interesen para que non perdan o hábito. Deixo o meu correo por si me queredes enviar algunha tarefa ou dúbida.

Mariaisabel.vazquez@edu.xunta.es

Moitas grazas e un abrazo moi forte aos peques!

Distribuir contido


by Dr. Radut