Skip to Content

1ºA

INGLÉS 11-15 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

 Desta vez repasaremos o vocabulario da familia-family.Gustaríame que escoitarades a seguinte canción, penso que vos vai gustar. Pinchade neste enlace ou copiade esta dirección no voso navegador: https://www.youtube.com/watch?v=XqZsoesa55w

A continuación, ide ao documento ADXUNTO para realizar a tarefa escrita. (Escribir os nomes dos membros da familia e colorealos como se indica, o resto do debuxo podedes darlle cor ao voso gusto).  Se tedes o voso libro de inglés Big Surprise na casa podedes repasar a Unit 3 que trata sobre estes contidos.

Recordade: Se non dispoñedes de impresora copiade o exercicio nunha folla.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

Kisses, bye!

E.F

Enlace a tres vídeos sobre hábitos saudables.

Tarefas da semana do 5 ao 8 de maio

Ola peques!

Enviovos as tarefas do 5 ó 8 de maio.

Xa sabedes que mas podedes enviar para correxir a:

mariaisabel.vazquez@edu.xunta.es

Un bico moi forte.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 6" (5-8 maio)

Actividades de Educación Física do 5 ao 8 de maio

Para  esta semana, a profe Raquel invítavos a seguir bailando co baile de zumba número 3! Ademais podedes tamén practicar Educación Física con estas actividades tan divertidas! Disfrutade moito e boa semana!

https://www.etapainfantil.com/zumba-ninos

https://youtu.be/ymigWt5TOV8

INGLÉS 5-8 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

Gustaríame que escoitarades a seguinte canción, pinchade no enlace ou copiade a dirección no voso navegador: https://www.youtube.com/watch?v=SKZinDI2wkM

A continuación, ide ao documento ADXUNTO para realizar a tarefa escrita. (Colorear o unicornio e colocarlle as palabras coas partes do corpo)

Recordade: Se non dispoñedes de impresora facede o exercicio nunha folla.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

Kisses,Bye!

PROPOSTA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O día 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas.

Este ano dedícase o día a Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro.

Aínda que esta celebración trasládase ao mes de outubro, desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, propoñémosvos que nos contedes como vos sentides estes días, que estades a facer na casa, ou se saíchedes onte que fixéchedes.

Podedes contárnolo facendo un debuxo.  Se algún ou algunha de vós se anima a escribir ADIANTE! Seguro que o faredes xenial!

Os que vos animedes, podedes enviar o voso traballo ao seguinte correo:

 

jesus.aulas@gmail.com

 

Prazo máximo de entrega:22 de maio

Chus Religión. 27 - 30 de Abril.

Ola nenos e nenas!!

Non sabedes que ganiñas teño de volver estar con todos vós outra vez. Pero mentres esperamos un pouquiño mais, queredes lembrar algunha cousiña que tanto nos gustaba facer? Imos aló:

El Arca de Noé (Para niños - Canción Infantil) Pequeños Héroes

https://youtu.be/wgSGZwaU3TI

Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio 1 ¿Dónde Está Mi Oveja?

https://youtu.be/TUlay--1ATQ

David Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio vs Goliat.

https://youtu.be/sihr2zLnLcQ

Actividades interactivas:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/70/html/datos/03_rdi/vuelvo_atras2/atras2.htm

Tarefas do 27 o 30 de Abril

Ola peques!

Enviovos as tarefas do 27 ó 30 de abril.

Xa sabedes que mas podedes enviar para correxir a:

mariaisabel.vazquez@edu.xunta.es

Un bico moi forte.

Elmer quere vervos pasear

Agora que podedes saír á rúa, Elmer quere ver como disfrutades destes paseos tan agardados!!! Por iso dende a biblioteca propoñen que saquedes unha foto ou un vídeo e o enviedes ao correo electrónico da biblioteca.

Animádevos!

Distribuir contido


by Dr. Radut