Skip to Content

Saída educativa Plan Proxecta

      Saída Educativa Plan Proxecta.

   Visitamos o Centro de Consumo e a Feira de Mostras de Vegadeo.

     O venres 7 de xuño, demos por finalizadas as actividades relacionadas co noso proxecto deste ano. Para iso visitamos o Centro de Consumo de Vegadeo onde se levaron a cabo dous talleres diferenciados, por unha banda os nenos e nenas de 1º de E.P. a 3º de E.P fixeron un taller relacionado cos produtos da horta e por outra banda os nenos e nenas de 4º a 6º de E.P. fixeron un taller relacionado con produtos lácteos e a súa trazabilidade.

   Aproveitando que ese día comezaba a Feira de Mostras en Vegadeo, os nenos e nenas puideron visitala e facer talleres na mesma.

   Un día moi divertido e educativo no que desfrutamos moito ademais de aprender.

   A continuación deixámosvos unha pequena mostra do realizado.

   Agardamos que vos guste!

 

 Encontro deportivo e xornada de confraternidade entre os Ceips de Lourenzá- Pontenova -Riotorto.

 

   Este ano tocounos a nós ser os anfitrións no encontro deportivo e de confraternidade que vimos realizando nos últimos tres cursos cos centro de Lourenzá e Pontenova.

   Aínda que o tempo non quixo estar da nosa parte, foi un día de moitas emocións e onde nenos, nenas, mestres e mestras o pasamos  moi ben.

   A continuación deixámos unha pequena mostra do ben que o pasamos.

   Agardamos que vos guste!.

 

 



page | by Dr. Radut