Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS-ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS 2019.

  

   Este ano para a conmemoración do día das letras galegas, todos os nenos e nenas acompañados das mestras e mestre do colexio fixemos un precioso mural, logo de escoitar a vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, escritor galego ao que se lle dedicou este fermoso día.

   A continuación podedes visualizar o ben que o pasamos ese fermoso día.

 

 

 

 

   Este ano, igual que o curso pasado, todos os nenos e nenas participamos no concurso que organizou a asociación Avelino Díaz, xunto cos concello de Meira e Riotorto.

   Lembrar, que o curso anterior, a nosa compañeira Mara, que agora está en 6º de E.P. recibiría o primeiro premio coa súa poesía.

   Felicidades Mara!

   A continuación podedes ler esta fermosa composición froito do seu esforzo e creatividade.

 

O POEMA

Por Mara Fiallega

 

A miña profesora,

pídeme que escriba un poema

e iso vai ser un gran dilema.

 

A miña profesora,

pídeme que o invente

pero eu non quero extruxar a mente.

 

Eu pídolle axuda aos meus pais,

pero non queren saber máis.

Eu pídolle axuda a miña irmá,

pero me dice que non ma da.

 

Entón eu póñome a pensar,

e a miña mente ponse a divagar.

Vólvoo a tentar,

e o poema rematou xa.

 

   Dicir que este ano, no noso centro recaeu tamén o segundo premio da mesma categoría, concretamente a Ionela Hotopila, sendo outra vez o colexio de Riotorto un dos seleccionados no seu bo facer.

   Felicidades Ionela!

A continuación podedes ler esta fermosa composición froito do seu esforzo e creatividade.

 

A INMIGRACIÓN

Por Ionela Hotopila

Neste país no que vivimos,

aínda nos falta moito

para aceptar aos que recibimos,

sen armar alboroto.

 

Houbo un día

no que eu fun unha deles,

e como me doía

pensar que non me queredes!

 

Eu xa me considero admitida,

pero quixen este poema aproveitar,

para poñer a memoria a recordar

aquela época pasada.

 

Aos inmigrantes

debemos respectar e acoller,

 e a súa lingua e cultura

hemos de escoitar e coñecer.

 

Non esquezades!

a inmigración é unha oportunidade

para aquelas persoas

que non viven con dignidade!

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 



page | by Dr. Radut