Skip to Content

ENTREGA E PUBLICACIÓN DE NOTAS

ENTREGA E PUBLICACIÓN DE NOTAS

Hoxe venres 19 de xuño ás 15:00h publicaranse as notas en Abalar.

Poderedes acceder ás cualificacións dende o Abalar, igual que na segunda avaliación.

Lembrade que dadas as circunstancias deste curso, este ano non haberá notas expresas da 3ª avaliación, senón que o que veredes será a avaliación final.

Quixera lembrarvos que seredes citados para a entrega de libros a través dos titores, e ese día entregarásevos a copia en papel das notas así como o modelo de AUTODECLARACIÓN  de comedor que deberedes entregar no centro o antes posible para ir tramitando o uso deste servizo así como o servizo de transporte para o vindeiro curso 2020-2021.

Aqueles ou aquelas nenas e nenos que non devolvan todos o libros, non poderán desfrutar do fondo de libros, pois é condición indispensable a entrega dos libros prestados.

 



page | by Dr. Radut