Skip to Content

AXUDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIADO DE BOLSA DE COMEDOR

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).Prema aquí para ver a orde.

 

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación

1. Tendo en conta a condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.


 Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

 A quen vai dirixida a axuda?

As axudas van dirixidas ás familias do alumnado usuario de comedor que teñen gratuidade total (non pagan nada) ou ás que son pagadoras de 1€.

Que ides recibir?

  • A axuda que se vai a percibir é de: 2,50€ por día, o alumnado que ten gratuidade total e de 1,50€ por día, o alumnado que paga 1€.
  • A axuda farase en 2 pagamentos: 1 Pagamento: polo período do 16 de marzo ata o 03 de abril (14 días) e 2º Pagamento: Si se prorroga a situación de alarma.

 

 

Nota: A dirección do centro informa que as familias que non poden tramitalo telemáticamente poderán facelo coa axuda da direccción do centro. 

 A presentación pódese facer de 3 formas:

 

          1.- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (pincha aquí) (para todos aqueles que teñan a Chave 365, Certificado dixital ou DNI electrónico) 

 

          2.- Enviando un correo electrónico ao colexio: ceip.riotorto@edu.xunta.es co  formulario que aparece na orde cuberto.

 

          3.- Chamando ao centro ao seguinte teléfono: 982870712

IMPRESO DE SOLICITUDE EDITABLE.

Prema aquí para cubrir e mandalo ao centro por correo electrónico xunto coa autorización.

 

AUTORIZACIÓN PARA A TRAMITACIÓN DA AXUDA.

Prema aquí para a súa descarga.

DOCUMENTACIÓN SOLICITADA POLO EQUIPO DIRECTIVO

A documentación solicitada polos equipos directivos que deban axudar ás familias nesta tramitación terán que solicitar -por vía telefónica e/ou correo electrónico- os seguintes datos:
a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 

 

AnexoTamaño
AUTORIZACIÓN PARA A TRAMITACIÓN DE AXUDAS A COMEDORES.pdf43.79 KB
ANEXO I Axudas comedor.pdf1.06 MB


page | by Dr. Radut