Skip to Content

APP E PÁXINAS INTERESANTES

 


Nesta entrada, poderedes descubrir algunhas app e páxinas web interesantes para traballar diferentes ámbitos da linguaxe.
Todas elas teñen un carácter lúdico, polo que os nenos estrán aprendendo mentres xogan.

PARA A LECTURA 

LEO CON GRIN

Con esta app temos unha cartilla interactiva moi fácil de empregar. Podemos facer o noso propio avatar e avanzar na lectura en forma de xogo (Grin ten que ir pasando as fases, conseguindo froitas para que os seus amigos alien medren).

leo con grin - Aula PT


EL TREN DEL ALFABETO DE LOLA

O obxectivo do xogo é que Lola lles leve regalos aos seus amigos pasando por diferentes niveis ou fases. Para elo, a app ofrécenos diferentes xogos.


El Tren del Alfabeto de Lola - Aplicaciones en Google Play


GALEXIA

Esta app foi creada pensando nos nenos con dislexia pero é útil para primeiros cursos (nos que iniciamos e asentamos a lectura). Comeza coa lectura de sílabas , tanto directas (sa,pa,ma...), inversas (as,am.al...) como lectura de sinfóns (pla,pra,bla...) . Continua con palabras e finalmente textos.
Se a descargades, veredes que está dividida en tres bloques (segundo a idade da nena ou neno).


GALEXIA Mejora Fluidez Lectora - Aplicaciones en Google Play










PARA AUMENTAR OU REPASAR VOCABULARIO


CANLE DE YOUTUBE DE EUGENIA ROMERO (mestra de Audición e Linguaxe)

Enlace para o canle de Eugenia Romero

Poderedes atopar moitos vídeos interesantes para traballar (non só de vocabulario). Déixovos algúns exemplos de campos semánticos co seu correspondete enlace:
Para as profesións ,animaisescola,  medios de transporte ...


PÁXINA WEB DA FUNDACIÓN DA LINGUA ESPAÑOLA

Déixovos unhas adiviñanzas sobre palabras de diversos campos semánticos (alimentos, partes da casa...). Están feitas por nenos e nenas e adoitan triunfar no cole!

As adiviñanzas son un recurso xenial para aumentar vocabulario dun xeito divertido. Animádevos e facede as vosas  :)


PÁXINA WEB APRENDER ESPAÑOL

Podedes atopar moitos campos semánticos. A dináminca é sempre a mesam, ensina unha foto e tes que escoller de que se trata. O exemplo que vos deixo corresponde ao vocabulario da casa:
Pincha aquí

SEÑORA VOCABULARIO

Unha app moi sinxela onde nos paarecen diferentes categorías gramaticais (froitas, cores, medios de transporte...)


Señora vocabulario : aprender palabras en español for Android ...               Señora vocabulario : aprender palabras en español for Android ...


PARA CREAR ORACIÓNS

LA TÓMBOLA DEL LENGUAJE

  Tómbola del Lenguaje for Android - APK Download    Tómbola del Lenguaje for Android - APK Download   Tómbola del Lenguaje for Android - APK Download

Como vedes, comporíamos oracións de forma oral.
Na segunda imaxe aparécenvos catro categorías gramaticiais ; cando lanzades o dado, escóllense catro de cada unha de forma aleatoria (serán coas que fagades a oración) que son as que aparecen na terceira imaxe (a nena escribe letras na aula). Como vedes, reponden as preguntas : quen? que fai? onde o fai?.

Ás veces salen unhas burbullas en lugar dunha imaxe, eu o que fago é inventar esa parte. Por exemplo, se en lugar dunha nena me aparece unha burbulla invento o personaxe (o agricultor escribe letras na aula). Como vedes, podemos inventar frases que non teñen moito sentido e iso podemos expresalo (que ía facer un agricultor nunha aula?). Aos nenos e nenas gústanlle que saían este tipo de producións absurdas e sempre aclaramos que o son.


PARA MEMORIA E ATENCIÓN

JUEGO DE MEMORIA VISUAL

Esta é unha app sinxela onde traballamos a atención e memoria visual.

Entrena tu memoria - Sin anuncios - Apps en Google Play   Juego de Memoria Visual for Android - APK Download    Juego de Memoria Visual for Android - APK Download


JUEGO DE MEMORIA DE ANIMALES

Trátase dunha app que nos ofrece memories en diferentes niveis, sempre dentro do campo semántico dos animais.

Juego memoria animales for Android - APK Download


ENCUENTRA LAS 10 DIFERENCIAS

Hai milleiros de app para buscar as diferenzas, podedes escoller a que máis vos guste e máis se adapte aos vosos intereses e idades. Son un recurso fantástico para traballar a atención.


Encuentra 10 diferencias for Android - APK Download


384 PUZZLES PARA NIÑOS

Con esta app entrenamos a memoria e a atención ó mesmo tempo que traballamos diferentes campos semánticos (animais, comida, partes da casa, ferramentas...)

384 Puzzles para Niños en App Store




ESPERO QUE SEXAN DE UTILIDADE!!


blog | by Dr. Radut