Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL CURSO 2019-2020

 

FESTIVAL DE NADAL CURSO 2019-2020

 

   Este ano, ao igual que nos cursos anteriores o colexio de Riotorto abriu as súas portas a toda a Comunidade Educativa para celebrar o festival de Nadal, cuns invitados de luxo, os nosos e nosas veciñas ferreiros.

   Dicir, que aproveitando a temática do noso proxecto do Plan Proxecta, que versa sobre o oficio de ferreiros, a obra de Nadal xirou en torno a ela.

   Temos que felicitar o gran traballo de mestres e mestras, alumnos e alumnas realizado este ano, pois notouse  moito a gran ilusión e entrega por conseguir que saira ben o traballo.

   Moitas grazas a tódalas persoas que nos acompañastes neste fermoso dia.

   A contiuación deixamos unha pequena mostra dese GRAN DÍA.

    Iranse poñendo máis cousiñas a medida que se vaian editando.

   Agardamos que vos guste!

 

 Podes ver todos os vídeos premendo aquí:

 

OBRA DE TEATRO: O FALA, FALA NA FORXA.

 

 

 

 

PANXOLIÑA O PELO ROXIÑO INTERPRETADA POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º E 6º DE E.P. 

 

 

PANXOLIÑA INSTRUMENTAL CAMPANAS DE BELÉN INTERPRETADA POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º ACOMPAÑADOS POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 

    

ACROSPORT NO FESTIVAL DE NADAL

 

 



page | by Dr. Radut