HALLOWEEN 2019-2020
A finais de outubro coma tódolos anos celebramos o Halloween. A entrada do noso cole quedou moi decorada.
Fixemos conxuros, comparamos a festa do Samaín co Halloween, tivemos unha visita especial (unha bruxa andivo polo centro), vimos contos de medo, houbo un baile de esqueletos, disfrazámonos,...
Grazas a toda a comunidade educativa, en especial aos nenos e nenas e ás familias que axudasteis na elaboración das cabazas e os disfraces terroríficos que luciron ese día.
PASÁMOLO XENIAL!!!