APRENDEMOS A IGUALDADE
Os nosos nenos e nenas de E.I. realizaron distintas actividades propostas pola DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, para traballar o concepto de igualdade. A continuación podedes ver o froito dese traballo a través de distintas imaxes.
Dramatización do conto:
NACEMENTO DE VANESA
CORACIÓN DE PRINCESA POR PARTE DAS FADAS INVITADAS
APARICIÓN DA FADA MÁIS SABIA, QUE CUMPRIU O DESEXO DE: - "VANESA HA DE SER O QUE ELA QUEIRA"
CONVENCEMENTO DA NAI DE VANESA A NENA: -"TI HAS DE SER O QUE EU DIGA QUE PARA ISO SON A TÚA MAMÁ"
- MULLER, A NOSA FILLA HA DE SER O QUE ELA QUUEIRA, NON ENTENDO ESA ACTITUDE.
E... VANESA QUERÍA SER...
LUNS.... MARTES....
MÉRCORES.... XOVES...
VENRES... SÁBADO...
DOMINGO...
Os nenos e nenas doutras aulas, coma os de 4º, fixeron choiva de ideas para analizar a actitude da nai de Vanesa.
En suma, foron actividades divertidas onde os nenos e nenas traballaron a IGUALDADE dende a propia IGUALDADE, dando a súa opinión e aportando ideas do conto, que por certo... FOI TODO UN ÉXITO...