Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

GUÍA DE LECTURA

Con esta nova "Guía de lectura" aportamos algunhas suxestións para que lle pidades aos Reis magos, Papá Noel ou ao Apalpador algún libro este Nadal.

 

DEIXÁDEVOS ATRAPAR POLA MAXIA DOS LIBROS!

PREME NO ADXUNTO

 

 

 

Chegou o Nadal!

Xa chegou o Nadal a Randufe!

O alumnado de terceiro e cuarto compartiron  a súa alegría coa parroquia de Randufe facendo un percorrido para cantar os Reis. Queremos agradecer a colaboración do Chagüen, Cruceiro do Monte, Bar Sampaio e Bar Pancho polo agarimo cos rapaces. Foi un día xenial!

Para mostra, un botón! Escoitade, escoitade... 

25 N

        Aquí temos o resultado tras reflexionar e traballar sobre a eliminación da violencia de xénero e a convivencia. Quixemos plasmar as conclusións nas nosas pegadas, que nos levan cara o lema escollido: CAMIÑANDO XUNTOS/-AS CARA A IGUALDADE. Confiamos en que o noso labor nos leve a unha sociedade máis xusta, igualitaria e sen violencia.

 

 

 

 

OBRADOIRO DE TARXETAS DE NADAL

A biografía de Alexander

No mes de novembro, toda a escola de Randufe estivo investigando, aprendendo e experimentando sobre Alexander Fleming e o seu gran descubrimento, a penicilina.

Tamén, todo o alumnado da nosa escola participou na creación dunha liña do tempo que recolle os eventos máis senlleiros da súa vida. 

Mirade, mirade que fantástico traballo!

 

 

 

La gran mentira de Vladimir

Os rapaces e rapazas de Proxecto Competencial prepararon un libro dixital colaborativo onde conta o a importancia da honestidade e a resolución de conflictos.

Esperamos que vos guste!

 

NOVIDADES

            Xa temos colocadas as novas adquisicións, e todo grazas ao traballo dos/das "Chiscoaxudantes", que etiquetan, colocan e ordenan todos os exemplares que van chegando.

           Hai un montón de libros interesantes: banda deseñada, teatro, inventos, corpo humano... Seguro que ides atopar algo que vos gustará. Esperámosvos.

 

 

 

25 N

         Hai uns días demos comezo ás actividades para preparar o "25 N", Día Contra a Violencia de Xénero. Comezamos coas lecturas seleccionadas para esta cocasión, intentando reflexionar sobre este gran problema da nosa sociedade.

 

 

 

 

 

Radio Escolar na Radio Municipal de Tui

Como? Que non puideches escoitar o programa de radio que fixeron o alumnado de 3º e 4º? 

Non vos preocupedes? Aquí poderedes escoitalo tantas veces como queirades?

Que ben o pasamos!

 

NOVIDADES

            Ola rapazada!

    Aquí temos as novidades da biblioteca, todos estes libros recén chegados ao noso cole. Desfrutade con eles!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut