Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

CALENDARIO 2022-2023

Programa Radio Escolar

Ola! Un ano máis comeza unha nova tempada da Radio Escolar en colaboración coa Radio Municipal. 

Moitas grazas pola experiencia da radio en directo. Aquí vos deixamos o programa de presentación que prepararon os rapaces de Valores de 4ºB. 

          Desexamos que vos guste!

ACTIVIDADES DOS CLUBES DEPORTIVOS

REUNIÓN DA ANPA, 23 DE SETEMBRO

LISTADO DE LIBROS CURSO 22-23

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

PREMA NO ENLACE

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR CURSO 2021-2022

         Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia publicamos a modificación da concreción curricular na etapa de Educación Primaria que podedes consultar premendo no arquivo adxunto.

Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán

Ola!

Agora que acaba maio, o mes das Letras Galegas, queremos amosarvos e agradecer o traballo que fixechedes para amosar o agarimo pola nosa Terra e máis a nosa Lingua como Florencio.

                           Non perdades detalle!

 

Día do libro

Bo día rapazas e rapaces!

Aquí vos mostramos algunhas das actividades que fixemos para conmemorar o  "Dia do Libro"

Compartimos divertidos momentos de recreo lendo e creando un fantástico mural! Esperamos que vos gusten! 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

PRAZOS:

-Prazo de presentación: ata o 22 de xuño de 2022 (incluído)

-Publicación listaxes provisionais: 1 de xullo de 2022.

-Reclamacións: 4 e 5 de xullo de 2022

-Publicación listaxes definitivas: 6 de xullo de 2022.

-Entega de vales: 7 de xullo de 2022. ATENCIÓN NOVA DATA

Tódolos vales entregaranse ese día en horario de 09:00 a 14:00h. Non se fará entrega de vales en setembro.

O vale poderá ser recollido por outra persoa sempre e cando traia unha autorización asinada e fotocopia do DNI do solicitante (Nai ou pai).

DOCUMENTACIÓN:

-ANEXO I E II DEBIDAMENTE CUBERTOS E ASINADOS.

-COPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU EQUIVALENTE ONDE FIGUREN TODOS OS MEMBROS COMPUTABLES.

-EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO: SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A CUSTODIA DO MENOR.

Aconsellamos nos remitan a solicitude cuberta a través dos vosos fillos/as. De outro modo, será preciso pedir cita previa no 886110808.

Para máis información prema AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut