Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

PRESENTACIÓN MUNDIAL DE... EN GALEGO MÁIS E MELLOR!

DAMAS E CABALEIROS!

CHEGOU O PRIMEIRO PROGRAMA DE ... EN GALEGO MÁIS E MELLOR! REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS  DE 3º B. NESTA OCASIÓN OS ESTUDANTES VANVOS ENSINAR O QUE SON AS PALABRAS COMPOSTAS. 

                                                         OLLO PIOLLO!

DIALOGAMOS?

Os estudantes de Valores de 3ºB quérenvos presentar a súa película Dialogamos? Unha historia real pensada, escrita e representada por eles.

                             Non vos pasou alguna vez?

                                                            Prestade atención!

 

CIRCULAR ASAMBLEA ANPA

CIRCULA ANPA.

PREMA NO ENLACE PARA ACCEDER A INFORMACIÓN

RADIO ESCOLAR NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Xa estamos de volta nas ondas cunha recomendación lectora dos estudantes de cuarto: As pombas de Bastián.

Non deixedes escapar a oportunidade de escoitalos. 

                          QUE FANTÁSTICO TRABALLO!!!!!

ESCOITADE, ESCOITADE...

 

 

 

Novidades na nosa Biblioteca

Bo día rapazas e rapaces de Randufe!

Aquí estamos de novo para presentarvos unhas interesantes novidades lectoras. 

Animádevos a pasar polo andel, descubriredes libros con historias increíbles!!

 

!

Novidades na nosa Biblioteca

Bo día! 

Aqui vos deixamos novas propostas de lectura que atoparedes no andel de NOVIDADES da nosa biblioteca: libros sobre enigmas e xogos, preguntas e respostas sobre o mundo, retos de inxenio... e tamén, entre outros, algúns títulos das coleccións "Una casa de locos", " Dino Ruedas"...

Non deixedes de pasar por alí! 

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

SOLICITUDE DE RESERVA

Aberto o prazo do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

 

Toda a información do procedemento no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

 

O procedemento vai dirixido ao alumnado que cambia de etapa educativa (Ed Infantil do CRA Mestra Clara Torres e alumnos de 6º do Ceip Randufe que pretenda continuar estudos no IES San Paio).

Documentación:

- Anexo I (ED550A) asinado polos 2 proxenitores.

- DNI do alumno/a.

- Sentenza de divorcio de ser o caso.

 

A solicitude de reserva de praza será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación admisión alumnado

 

GUÍA DE LECTURA DE NADAL

     Chegadas estas datas de agasallos, presentámosvos a Guía de Lectura deste Nadal con ideas para pedirlles aos Reis Magos, ao Apalpador ou a Papá Noel. A lectura sempre é un bo presente.

 

FELICES FESTAS!

AVISO ANPA

CIRCULAR 2 ANPA.

PREMA NO ENLACE PARA ACCEDER A INFORMACIÓN

Ciencia en Galego: Reconstruíndo a nosa cidade!

Xa está aquí! Xa chegou!

Por primeira vez nas redes, o noso mapa interactivo de creación cooperativa de todo o CEIP Randufe.

Grazas a Sara Quintana por animarnos a coñecer, descubrir e pescudar sobre a nosa vila. 

                              NORABOA A TODAS AS AULAS! 

COMPARTIDE, DIFUNDIDE E PROBADE O NOSO XOGO VIRTUAL!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut