Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

LISTAXE ADMITIDOS 2024/2025

Tódalas solicitudes de praza para 1º de Educación Primaria, foron admitidas. As listaxes poden consultarse no taboleiro de anuncios do colexio.

Deberán formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

        Xa temos aquí as últimas adquisicións da biblioteca. Esperamos que sexan do voso agrado e que desfrutedes con elas.

 

Canción do mes de febreiro: Estou na lavadora!

Benquerid@s!

Este mes de febreiro queremos darlle un pouco de ritmo ao noso corpo. Tedes ganiñas de Rock and roll?

Pois a mover o esquelete co Caimán do río Tea e a súa canción "Estou na lavadora".

                               E nos vos mareades con tanta marcha!

 

ENTROIDO: ORDES DE CHISCO

DÍA DA PAZ

Sorriso DÍA DA PAZ Sorriso

Este ano, no Día da Paz plasmamos a DIVERSIDADE como un valor que enriquece as nosas comunidades e sociedades, achegando unha variedade de experiencias, coñecementos e habilidades. O respecto á diversidade implica aceptar e valorar as diferenzas, recoñecendo que cada persoa é única e ten algo único que achegar ao mundo.

 

 

 

Estes bonecos representan a importancia da coexistencia pacífica e respectuosa de diferentes culturas, razas, relixións, opinións…para acadar un mundo en PAZ.

 

 

Radio Escolar na Radio Municipal de Tui

Ola radio oíntes e Comunidade do CEIP Randufe!

Aquí tedes a nova participación das alumnas e alumnos de 5º A e 5ºB no programa de Radio Escolar na RMT. 

Estes rapaces xa son expertos e... nótase! Non sí?

Podedes escoitar o programa o xoves, 1 de febreiro, ás 11:30 aproximadamente e unha redifusión ás 14:45. 

Pero aquí na nosa páxina poderes escoitalo tantas veces como queirades. 

                                           Fantásticas recomendacións lectoras!

ACTIVIDADE DE ROBÓTICA NOVA INSCRICIÓN

SOLICITUDE RESERVA PRAZA 2024/2025

RESERVA DE PRAZA

Aberto o prazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 

Toda a información do procedemento no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

O procedemento vai dirixido ao alumnado que cambia de etapa educativa (Ed Infantil do CRA Mestra Clara Torres e alumnos de 6º do Ceip de Randufe que pretendan continuar estudos no IES San Paio).

 

Documentación:

- Anexo I (ED550A) e Anexo I-bis asinado polos 2 proxenitores.

- Libro de familia.

- Sentenza de divorcio de ser o caso

 

A solicitude de reserva de praza será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación admisión alumnado

Canción do mes de xaneiro: Tataravoa das Fillas de Cassandra

Comezamos o 2024 cun pouquiño de música para animar a volta ao cole. 

Neste mes de xaneiro, poderemos das gozar da música das incribles Fillas de Cassandra, unhas rapazas de Vigo, Sara e María que tocan, cantan e nos fan vibrar coa súa arte.

Como? Que non as coñeces? Pois escoita esta canción que fará que a túa tataravoa estea ben contenta! Guiño

 

OBRADOIRO DE NADAL

 

Este é o froito dos OBRADOIROS DE TARXETAS DE NADAL. Para realizalas, empregamos papel reutilizado e anacos de cartolina. Con elas felicitaremos o Nadal ás nosas familias e amigos.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut