Skip to Content

ORIENTACIÓN

XORNADA DE ACOLLIDA NO IES DE QUIROGA

Os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria tivemos hoxe, 19 de maio a Xornada de Acollida no IES de Quiroga, ao que iremos o vindeiro curso 2011-2012 a maioría de nós. A nosa titora e a orientadora acompañáronnos na visita.
No instituto estábannos esperando a directora e a orientadora para ensinarnos as instalacións do centro. Que grande é! Os primeiros días vai ser difícil orientarse!
Despois a orientadora contounos cómo funciona o instituto: qué materias imos ter, as normas de convivencia, o proxecto ABALAR, o horario, etc. Tamén estiveron con nós dous ex-compañeiros do colexio: José Matías e Lucía que nos contaron a súa experiencia de transición do colexio ao instituto.
O que máis nos gustou foi o tempo que tivemos para disfrutar da sala de xogos onde tivemos a ocasión de utilizar o billar, os futbolíns, as mesas de pin pong,...


CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A ESO


O vindeiro 31 de maio ás 16 horas as nosas nais e os nosos pais terán a oportunidade de facer o mesmo e coñecer o centro e o seu funcionamento, así como aclarar posibles dúbidas.

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS SOBRE A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL

Finalizar un curso implica tamén comezar a pensar no alumnado que se incorpora o vindeiro curso escolar. Un novo grupo de nenos e nenas de 4º de Educación Infantil iniciará a súa andadura polo centro. É o momento de incidir no desenvolvemento da linguaxe, sempre respectando os diferentes ritmos individuais, xa que a lingua constitúe un instrumento clave no sistema escolar.


ACCESO Á CIRCULAR

CIRCULAR PARA AS FAMILIAS SOBRE O APROVEITAMENTO DO TEMPO DE LECER

Xa queda un mes para comezar as vacacións. O tempo libre supón unha oportunidade para desenvolver as capacidades dos nosos fillos e fillas. Nesta labor as familias teñen un importante papel. Dende o centro queremos ofrecer unha serie de pautas e consellos para ofrecer unhas alternativas saúdables de ocio aos nosos rapaces e rapazas.


ACCESO Á CIRCULAR

CIRCULARES PARA AS FAMILIAS SOBRE A TRANSICIÓN ENTRE ETAPAS EDUCATIVAS

Durante a escolarización do alumnado no centro os nenos e nenas atravesan varios momentos transición, de educación infantil a primaria e de 6º de Primaria a educación secundaria. Estos momentos son delicados porque supoñen moitos cambios; cambios que hai que coidar como se producen para evitar que se traduzan en problemas académicos, personais, ...


CIRCULAR SOBRE O TRÁNSITO DE INFANTIL A PRIMARIA


CIRCULAR SOBRE OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NO PASO DE PRIMARIA A SECUNDARIA

HISTORIA DA MULLER EN GALICIA CONTADA POLAS NENAS DE QUIROGA

O día 8 de marzo conmemórase o día Internacional da Muller, no centro celebrámolo o 11 de marzo. O Departamento de Orientación e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaboraron un vídeo sobre a historia da muller galega ao longo do tempo, dende as mulleres druídas ata a actualidade. Para que fose posible, contamos coa colaboración das rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria que aportaron as súas voces para as diferentes mulleres.


VÍDEO HISTORIA DA MULLER GALEGA


 


Despois de ver o vídeo realizamos diferentes actividades:
- Educación Infantil e o 1º ciclo fixeron actividades elaboradas no centro co LIM sobre a historia da muller galega.

ACTIVIDADES LIM INFANTIL

ACTIVIDADES LIM 1º CILO

ACTIVIDADES LIM 2º E 3º CICLO

- De 3º a 6º de Primaria os alumnos e alumnas participaron nunha carreira de orientación polas instalacións do centro, na que os alumnos tiñan que ir atopando tarxetas con preguntas sobre o vídeo que tiñan que contestar para poder proseguir buscando tarxetas.

HABILIDADES DE COMUNICACÓN FAMILIAR

Déixovos un vídeo para reflexionar sobre a importancia de coidar o diálogo no seo famiiar.


No vídeo podemos ver diferentes situacións familiares resoltas de dúas formas: con habilidades de comunicación axeitadas e non axeitadas. Os temas abordados son:


- A negociación dun límite.
- Habilidades ante un conflito. Autocontrol.
- Mediación ante un conflito entre irmáns.


Se premedes no seguinte enlace podedes descargar algunhas pautas para a reflexión sobre o vídeo.


MATERIAL PARA TRABALLAR O VIDEO


 


center>

A IMPORTANCIA DA AUTOESTIMA NAS PRIMEIRAS IDADES

Sabemos que a autoestima nos adultos é necesaria para el o bo desenvolvemeto da nosa personalidade, pero hai que ter en conta cuenta que ésta hai que empezar a traballala dende a primeira infancia. As idades mái importantes para o desenvolvemento da autoestima están ubicadas entre os primeiros anos.

Durante os primeiros anos da nosa vida é cando máis vulnerables somos e é aquí onde hai que traballar con máis intensidade. Se o conseguimos o neno ou nena terá máis confianza, máis interese e será máis positivo/a en todos os aspectos. A mellor forma de axudarlle adesenvolver a é dentro do núcleo familiar, onde o neno ou nena vai crecendo e formando a súa personalidade. Por este motivo, deixámosvos unha serie de orientacións para desenvolver a autoestima dos vosos fillos e fillas.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á CIRCULAR 

Distribuir contido


by Dr. Radut