Skip to Content

ORIENTACIÓN

PROGRAMA DE MEDIACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3º CICLO

O centro decidiu poñer en marcha un programa de mediación que xa quedara aprobado o curso pasado no Observatorio da Convivencia.Esta iniciativa será levada a cabo polo Departamento de Orientación e busca mellorar o clima de convivencia do centro, así como formas aos rapaces e rapazas en habilidades sociais e de resolución de conflitos, aprendendo a relacionarse mellor cos demais.Para poder implantar o programa de mediación é preciso realizar un Obradoiro de formación de mediadores e mediadoras co alumnado do 3º ciclo que desexen participar.

Pretendemos capacitar aos nenos e nenas o longo de varias sesión dentro do horario lectivo e/ou no tempo de lecer da mañá para solucionar os pequenos conflitos que se dan no colexio, especialmente no patio.

ACCESO AO PROGRAMA

CALENDARIO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CALENDARIO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

MATERIAL DA 1ª SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

MATERIAL DA 2ª SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

ENLACES DE INTERESE PARA TRABALLAR NAS 2 PRIMEIRAS SESIÓNS:

- Vídeo sobre a necesidade de mediar e cómo é o inicio do proceso

- Vïdeo sobre as habilidades dos mediadores e mediadores e fases do proceso de mediación

- Vídeo sobre bullyng (situación non mediable, senón de tolerancia cero)

MATERIAL 3ª E 4º SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

MATERIAL 5ª-7ª SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

ESCALEIRA DO ENFADO

FOLLA SOLICITUDE DE MEDIACIÓN

25 de NOVEMBRO Día internacional contra a violencia de xénero

Este mércores 25 de novembro conmemoramos no colexio o Día Internacional contra a violencia de xénero. O Departamento de Orientación en colaboración cos titores e titoras de 4º a 6º de Educación Primaria reaalizaron unha pequena homenaxe. Nos seguintes enlaces podedes acceder ás actividades:

PRESENTACIÓN POWEPOINT 25 NOVEMBRO 09                      

VÍDEO "Se acabaron las lágrimas" de Huecco e Hanna

Letra da canción "Se acabaron las lágrimas"

TRABALLAR OS VALORES DENDE A FAMILIA A TRAVÉS DOS CONTOS

ALGÚNS CONSELLOS PARA CONTAR UN CONTOS:

- O ambiente debe ser agradable para o neno/a.
- Debe crearse un mundo de fantasía dando todo tipo de detalles: debuxos, música, pausas e emocións, voz, respiración, expresión corporal, xesto, mirada, entoación, etc. A intención é que o neno/a chegue a imaxinar, a visualizar, sentir e involucrarse.
- Cando os nenos son pequenos os contos deben ser sinxelos e con poucos personaxes.
- Hai que ter presente que a atención do neno ou nena é breve, uns 10 minutos, aínda que lles guste. Nese tempo debe concentrarse toda a acción.
- Ir pouco a pouco mellorando a nosa forma de contar contos, hai un longo camiño de aprendizaxe ata contar un conto excelentemente.

PAUTAS PARA OS PAIS E NAIS DE NENOS E NENAS DE 3 A 5 ANOS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE A TRAVÉS DOS CONTOS.

- Todos os días adicar un pedaciño de tempo relaxado para que o neno/a lea un conto co seu pai/nai.
- Ler cambiando os tons de voz, facendo onomatopeias, reflectindo na voz as emocións de ledicia, sorpresa, etc.
- Relacionar as lecturas con acontecementos da súa vida cotiá.
- Seleccionar libros nos que a nena ou neno se sinta reflectido: se lle naceu un irmán, ir ao colexio, ao dentista, dicir palabrotas, cando os pais se separan, etc.
- Deixarlle libros ao seu alcance.
- Darlle modelos: o neno debe ver ós seus pais disfrutando da lectura e facendo diferentes usos deles (consulta, búsqueda de información, disfrute,...).

LIBROS PARA LER NA CASA E TRABALLAR OS VALORES

 TITULO AUTOR  IDADE DESTINATARIOS  VALOR TRABALLADO 
 Willy, el tímido  Browne, Anthony 5-7 anos   Reflexionar sobre a mellor forma de solucionar os conflitos: a forza dos músculos ou a do pensamento.
 El Faro. Historia de un recuerdo  Munsch, Robert  6-8 anos  Morte dun ser querido
 Completamente diferente  Canetti, Yanitzia 7-9 anos  Ser diferentes como algo positivo 
 Un mundo de amistad  Disney  7-9 anos  Chegar a acordos non violentos
 O duende verde Monreal, Violeta  5-7 anos  Importancia de coñecer aos demais e non rexeitar a alguén novo no grupo. Aceptación.
 ¡Qué mala cara tienes!  Vázquez, Javier.  5-7 anos  Aceptación da xente diferente. Evitar as etiquetacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut