Skip to Content

ORIENTACIÓN

RECOMENDACIÓNS PARA O TEMPO DE LECER

Suxerencias de cara ás vacacións para un aproveitamento educativo do tempo de lecer e un desenvolvemento integral dos nenos e nenas en idade infantil.

                               ACESO AO DOCUMENTO

I XORNADA INTERCULTURAL NO CEIP DE QUIROGA

O pasado venres 18 de Xuño celebramos a primeira Xornada Intercultural no CEIP de Quiroga organizada polo Departamento de Orientación en colaboración co Mestre de Educación Física. Ao longo da mañá todos os ciclos participaron por grupos en xogos procedentes dos países presentes no centro: Ecuador, República Dominicana, Portugal, Venezuela e Marrocos.

FOTOS DOS XOGOS

Finalizamos a XOrnada cun menú intercultural, con Cous Cous (prato típico marroquí) e pizza (de procedencia italiana). Como nos gustou a todos e todas!!

Antes deste día en cada curso realizamos actividades traballando a importancia da interculturalidade e o enriquecemento que proporciona a presenza de alumnos e alumnas de diferentes orixes.
En Educación Infantil escoitamos un conto sobre os colexios multiculturais.
No 1º curso escoitamos un conto procedente de Marrocos e despois realizamos un cómic sobre o conto entre todos.

COMIC CONTO DE MARROCOS "COMER E PROBAR"

No 2º curso traballamos coas bandeiras dos países en Educación Artística.
No 3º curso investigamos acerca dos animais que se poden atopar en cada país.

MURAIS ANIMAIS DO MUNDO

De 4º a 6º investigamos sobre as costumes dos diferentes países e realizamos uns preciosos murais que serviron para ambientar o centro na Xornada Intercultural.

MURAIS

VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO IES DE QUIROGA

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, acompañados pola súa titora e pola Orientadora do colexio, visitaron o IES de Quiroga na Xornada de Acollida antes do cambio de centro.

Alí foron recibidos pola Orientadora do IES, Nieves, que os acompañou na visita e lles amosou as diferentes instalacións do centro: laboratorios, biblioteca, sala de audiovisuais, aulas, laboratorio de tecnoloxía, ximnasio e, o que máis lles gustou, a sala de xogos, na que pasaron un tempo xogando cos futbolíns, mesas de billar e de ping pong,... Podedes ver as fotos na sala de xogos na galería de fotos do colexio.

Nieves tamén lles explicou as novidades da nova etapa: materias, horarios, mestres e mestras, normas de convivencia, oferta educativa,... que os conducirá a obter o título de Graduado en Educación Secundaria.

O xoves 27 ás 10 serán os pais e nais os que coñezan o centro e o seu funcionamento.

RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS

Podedes premer sobre os seguintes enlaces para acceder a unhas sinxelas orientacións sobre diferentes aspectos do desenvolvento dos nenos e nenas:

SUXERENCIAS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE INFANTIL

PAUTAS PARA POTENCIAR A CAPACIDADE DE  ATENCIÓN

ORIENTACIÓNS PARA DESENVOLVER A VELOCIDADE LECTORA

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo do Día Internacional da Muller no centro realizamos unha serie de actividades de sensibilización ao longo da semana previa á celebración desta data:

- Educación Infantil e 1º ciclo realizaron marcapáxinas con profesións que poden realizar tanto homes coma mulleres, que logo se repartiron entre todo o alumnado do centro como recordo deste día.

- O segundo ciclo realizou murais con características e profesións de mulleres, así como biografías de mulleres importantes ao longo da historia.

- OTerceiro ciclo realizou o cartel para o centro recortando caras de mulleres para formar as letras "8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

O luns, 8 de marzo de 2010, os diferentes ciclos tiveron Contacontos e Obradoiros grazas á colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Quiroga.

- Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria disfrutaron do conto "Unha féliz catástrofe" e realizaron un obradoiro sobre o conto con Lucía, a psicóloga do CIM.

-Segundo ciclo realizou un obradoiro con Marisa, a avogada do CIM, sobre o conto "Un día de treboada".

- 5º curso realizou un obradoiro coa Orientadora do Centro sobre a publicidade e os roles e estereotipos sexistas e finalizou a sesión cunha reflexión con Lucía sobre a orixe e o motivo da celebración do 8 de marzo.

- 6º curso participou con Marisa nun debate sobre a orixe da celebración do 8 de marzo e as razóns levan a conmemorar esta data e finalizou a sesión cun obradoiro coa Orientadora do centro sobre os estereotipos sexistas nas películas infantiles, traballando sobre o conto da Cincenta.

Dentro das actividades realizadas no Día Internacional da Muller o alumnado de Primaria tamén puido asistir aos obradoiros "Vivindo na igualdade" realizadas os días 8 e 9 de marzo por Ciencia Divertida da Deputación de Lugo.

Se queres ver as fotos das actividades preme nos seguintes enlaces:

               VIVINDO NA IGUALDADE            

             DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ

O Departamento de Orientación preparou unha serie de actividades para os diferentes ciclos coa finalidade de que os nenos e nenas coñezan o motivo polo que o día 30 de xaneiro se celebra o Día da Paz e se sensibilicen co seu importante papel na consecución dun mundo cheo de paz.

Podedes ver as presentacións premendo nos seguintes enlaces:

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ (Educación Infantil e 1º ciclo)

Texto da presentación

POR QUE SE CELEBRA O DÍA DA PAZ? (2º e 3º ciclos de Educación Primaria)

FRASES SOBRE A PAZ (2º e 3º ciclo)

 

             

 

XORNADA DE ACOLLIDA DUNHA ALUMNA PROCEDENTE DE MARROCOS

O pasado mércores 20 de Xaneiro incorporouse ao centro e ao 1º curso de Educación Primaria unha nena procedente de Marrocos que descoñece as dúas linguas oficiais da nosa comunidade. Na xornada de acollida o Departamento de Orientación e a titora do 1º curso traballaron cos nenos e nenas a través de xogos cooperativos, unha presentación de Powerpoint (á que podedes acceder máis abaixo) sobre Marrocos e a cultura árabe que logo permitiu facer murais sobre todo o que se aprendeu.

 

 

ACCEDE Á PRESENTACIÓN

 
              

 

 

              

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut