Skip to Content

ORIENTACIÓN

DIA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Este venres 3 de decembro conmemórase o día Internacional da Diversidade Funcional. Como centro comprometido coa atención á diversidade e o respecto ás diferenzas individuais queremos aportar o noso graíño de area e organizamos unha pequena exposición adicada a todos aqueles que empregan diferentes sistemas de comunicación como son o Braille, a Linguaxe de Signos ou os pictogramas. Os nenos e nenas do colexio podemos tocar as letras en Braille (en papel especial para persoas con discapacidade visual ou a maior tamaño como en caixas para 6 ovos que se empregan cos nenos e nenas pequenos que aprenden Braille), podemos ver como se signan as diferentes letras do alfabeto ou contos elaborados con pictogramas para os que entenden mellor a información a través de imaxes.

Na GALERÍA podemos ver fotos da nosa exposición.

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte conmemoramos no centro o día Internacional contra a violencia de xénero con cancións como a de Malú e Manu Carrasco "Que Nadie" que nos acompañou nas entradas e saídas, o conto para infantil "O libro dos porcos" ou tarxetas vermellas contra o maltrato.

No centro consideramos que a mellor forma de actúar contra a violencia de xénero é a prevención dende as primeiras idades e a colaboración familiar é fundamental nesta tarefa polo que enviamos para as familias unha guía con recomendacións de lecturas coeducativas e nas que están presentes os valores de igualdade, corresponsabilidade, ec.

Para acceder á guía premede AQUÍ.

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

O día 20 de Novembro conmemórase o día dos Dereitos dos nenos e das nenas. Na galería podedes ver as exposicións que organizamos no cetro para celebrar ese día, preme AQUI.

INICIAMOS A FORMACIÓN DE MEDIADORES E MEDIADORAS PARA O CURSO 2010-2011

Por segundo ano poñemos a funcionar a Rede de Alumnado Mediador (RAM) do CEIP de Quiroga. As alumnas e alumnos de 6º iniciarán o martes 16 de Novembro o Obradoiro de formación antes de empezar a exercer como mediadores e mediadoras no tempo de lecer nos pequenos conflitos diarios.
O obradoiro terá lugar no tempo de lecer da mañá os martes e os xoves de cada semana.
Dende o centro queremos agradecer o interese destes nenos e nenas por colaborar á hora de manter un bo clima de convivencia no centro.

CONSELLOS PARA AS FAMILIAS DE 1º CICLO SOBRE LECTURA

O primeiro ciclo de Educación Primaria é un momento crucial para consolidar a aprendizaxe da lectura e formar hábitos lectores entre o alumnado. Neste proceso a colaboración familiar é fundamental, por iso, dende o Departamento de Orientación elaboramos unha serie de orientacións que pretenden axudar as familias nesta tarefa.

                         ACCEDE Á CIRCULAR SOBRE LECTURA

ORIENTACIÓNS PARA PREVIR OS PROBLEMAS VISUAIS E AUDITIVOS

Pautas elaboradas polo Departamento de Orientación para previr os problemas visuais e auditivos de forma temperá.

ACCESO Á CIRCULAR

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NO CURSO 2010-2011

 

COMPOSICIÓN  
Xefatura Méndez Penela, Rocío
Mestra de PT Ramos Fernández, Ana
Mestra de AL Sánchez Pérez, Felipe
Coordinadora do 1º ciclo Muñoa Abeitúa, Mª Cristina
Coordinador do 2º ciclo Neira López, Mª do Carme
Coordinador do 3º ciclo Gallego Diéguez, Mª Teresa
Mestra de Educación Infantil e Xefa de Estudos Rodríguez Blanco, Mª José
Director do CEIP de San Clodio (responsable da orientación no centro) Cao Rodríguez, Manuel


Distribuir contido


by Dr. Radut