Skip to Content
CORREO: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es TELEFONO:886 15 15 67 / 71

ENTREGA DE VALES - AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018/19

Podedes pasar polo cole para recoller os vales das axuda de libros e material escolar cando queirades.

Preferiblemente se podedes, pasade antes do día 18. Se non nós estaremos no cole ata o 29 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 h.

En arquivo adxunto están as listaxes dos números de libros que lle toca a cada alumno/a de 3º e 4º de Educación Primaria pertencentes ao Fondo de libros do cole.

Esta listaxe de momento é provisional, poida que sufra algún cambio polo que recomendo que agardedes á listaxe definitiva que publicaremos antes do 20 de xullo.

Se tedes algunha dúbida, chamádenos ao cole : 886151567

Un saúdo e bo verán

 

 

 

LISTAXE DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018/19

ATENCIÓN :

Modificamos a listaxe de libros de 1º de Educación Primaria.

O cambio refírese ó libro de Lingua Galega. Tedes o novo listaxe adxunto en pdf.

Graciñas e pedímosvos desculpas.

Un saúdo a todos e todas.

A dirección

LISTAXE DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018/19

Vos adxunto en pdf a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2018/19.

Para Educación Infantil de momento non hai libros.

En 5º e 6º de Educación Primaria non hai libros, xa que como saberedes o centro está adscrito ao proxecto e-Dixgal con contidos dixitais, o que significa que o alumnado traballará con ordenadores durante o curso.

A dirección do CEIP Praza de Barcelos

MATRÍCULA 2018/19

Aquí vos deixo os impresos de matrícula para o vindeiro curso escolar 2018/19.

Tedes que cubrilos e entregalos no centro. O prazo de entrega vai dende hoxe 20 ata o 30 de xuño.

A última folla do pdf que adxuntamos é da documentación que tedes que aportar que como norma xeral e se non hai ningunha situación especial na familia serían fotocopias do libro de familia, dos DNI,s dos proxenitores, do/a alumno/a, a tarxeta sanitaria do/a alumno/a e 3 fotos tamaño carné.

Se tedes algúnha dúbida ao respecto cando os entreguedes no centro resolvémolo.

Un saúdo e benvidos dende a dirección do centro.

ÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL

O día 21 de maio publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Educación e O.U. pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinas ao allumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles no propio centro e na aplicación do portal da xunta FondoLibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Este formulario estará dispoñible no portal educativo http://edu.xunta.gal, na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal e no propio centro.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018/19

Achegamos nos arquivos que se xuntan as seguintes listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2018/19 :

- Admitidos :         4º Educ. Infantil

                            1º Educ. Primaria

                            3º Educ. Primaria

- Non admitidos :   2º Educ. Primaria

                            6º Educ. Primaria

Estas listas definitivas permanecerán expostas nos taboleiros de anuncios do centro e nesta páxina web ata o día de inicio do novo curso escolar.

De conformidade co artigo 30.3 da Orde de 12 de marzo de 2013 as persoas interesadas poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desglosada dos criterios baremables na secretaría do centro.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018/19

Listaxes provisionais de admitidos para o vindeiro curso escolar 2018/19 :

Listaxe de 4º de Educación Infantil (3 anos)

Listaxe de 1º de Educación Primaria

Listaxe de 3º de Educación Primaria

Listaxes provisionais de non admitidos para o vindeiro curso escolar 2018/19 :

Listaxe de 2º de Educación Primaria

Listaxe de 6º de Educación Primaria

Segundo a Orde de 12 de marzo de 2013, poderase formular reclamacións ás listaxes baremadas no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello escolar, no caso de centros públicos.

 

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018/19

Como todos os anos, dende o día 1 ata o 20 de marzo, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2018/19. Nos arquivos que xuntamos tedes toda a información relativa ao proceso de admisión :

- Solicitudes (Modelo ED550B e Anexo A)

- Normativa reguladora do proceso de admisión - Zonas de influencia e limítrofes

- Calendario do proceso

- Prazas vacantes

* Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción a esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

* O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

* O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do incio do prazo de presntación de solicitudes de admisión.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Como todos os anos convidamos a todos aqueles pais e nais que queiran visitar as nosas instalacións, conversar co profesorado e en definitiva resolver cantas dúbidas poidan ter sobre o noso cole que acudan sen compromiso ningún á xornada de portas abertas que organizamos para o martes día 20 de febreiro de 16:00 a 19:00 h.  -  AGARDÁMOSVOS...

VIDEO PARA DECORAR A CAMISETA DARTH VADER

Distribuir contido


by Dr. Radut