Skip to Content

ÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL

O día 21 de maio publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Educación e O.U. pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinas ao allumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles no propio centro e na aplicación do portal da xunta FondoLibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Este formulario estará dispoñible no portal educativo http://edu.xunta.gal, na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal e no propio centro.

Tedes aquí un pdf da Orde da Consellería onde vos poderedes informar máis polo miúdo das normas xerais, contías, obrigas e compatibilidades. Consultádea, xa que pode resolver calquera dúbida que vos xurda.

 

AdxuntoTamaño
Solicitude axuda libros-ED330B-2018-19.pdf2.02 MB
Orde Axuda Libros 2018-19.pdf988.33 KB


book | by Dr. Radut