Skip to Content
CORREO: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es TELEFONO:886 15 15 67 / 71

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO - CURSO 2023/24

 

O día 19 de maio publicouse no DOG núm. 94 a convocatoria pola que se regula a participacion no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro ano escolar 2023/24.

Na opción de Secretaría/Axuda Libros tedes toda a información, convocatoria, solicitude para descargar, etc...

Se tedes algunha consulta non dubidedes en chamarnos ao 886 151567

Un saúdo,

A dirección do CEIP Pl. Praza de Barcelos

FEIRA DO LIBRO USADO - TROCA DE LIBROS

Achegámosvos o cartel da Troca de libros na Feira do libro usado que se celebrará o domingo, 23 de abril de 2023 no Pazo da Cultura de Pontevedra .-

Tamén o tedes en pdf no arquivo adxunto.

 

ADMISIÓN 2023/24

Un ano máis comezamos co proceso de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso escolar 2023/24.

Se precisades de información máis polo miúdo de todo o proceso de admisión (lexislación, normativa, áreas de influencia, baremacións, etc...) clicade na opción da vosa esquerda O Centro/Secretaría/Admisión.

Sen máis, saúdos do equipo directivo e de toda a comunidade escolar do centro.

Esperámosvos para o vindeiro curso !!

VISITA VIRTUAL

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023/24

Bo día,

convidamos a todas e a todos que queiran visitar o noso cole ás xornadas de portas abertas que celebramos os días 14 e 16 de febreiro.

Vén coñecernos...

FELICITACIÓN DE NADAL DO PROFESORADO DO CEIP PL. PRAZA DE BARCELOS

O profesorado do CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos desexan a todos os pais e nais, ao alumnado e a toda a comunidade educativa en xeral unhas felices festas de Nadal e un próspero aninovo.

                   -----------------    F E L I Z      N A D A L      2022     -------------------

RESERVA DE PRAZA NO IES VALLE INCLÁN EN 1º DA ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/24

 

ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 O CEIP Praza de Barcelos está adscrito ao IES VALLE INCLÁN, isto quere dicir que o noso alumnado pode reservar praza, se así o decide, nese Instituto.

 

O prazo de reserva de praza abranguerá dende o 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 (a.i.).

 

COMEDOR ESCOLAR - ARUME - INSTRUCIÓNS CURSO 2021/22

Tedes información remitida pola emprese ARUME, encargada da xestión do noso comedor escolar, se clikades no menú que tedes a vosa esquerda "O CENTRO - Información - Servicios".

Un saúdo e bó verán.

GRADUACIÓN DE ED. PRIMARIA 2020/2021

Distribuir contido


by Dr. Radut