Skip to Content

ANPA OGALO - CURSO 2021-22 - Inscrición e actividades extraescolares

 

    A ANPA O Galo quere darvos a benvida a este novo curso tan especial e informarvos das actividades que desenvolve e de cómo podedes asociarvos e participar. Somos unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais e pais de alumnos do centro, e o noso obxectivo é contribuir á mellora da educación das nosas fillas e fillos. Todo o que facemos é grazas á aportación dos socios e das persoas que se animan a botar unha man, así que cantas máis familias socias sexamos, máis e mellores cousas poderemos facer en beneficio das nosas nenas e nenos. Ademáis os socios poden beneficiarse de descontos nas actividades extraescolares, en diversos comercios que colaboran con nós, así como entrar de balde ou con prezos especiais en festivais e outras actividades que esperamos poidamos organizar o antes posible.

Se clikades na ligazón da ANPA que tedes nos menús da vosa esquerda vos redixirá á nosa páxina web da ANPA OGalo, ahí xa tedes toda a información que precisades para inscrivirvos na nosa asociación e para apuntarvos ás actividades extraescolares que intentamos organizar para este curso lectivo 2021/22

Un cordial saúdo a todos e todas..

ANPA OGALO

CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos .-



book | by Dr. Radut