Skip to Content
Correo: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es

CEIP PRAZA DE BARCELOS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

 

O día 21 de maio publicouse a Orde do 3 de maio da Consellería de Educación, Universidade e F.P. pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/20

Bo día,

hoxe publicamos as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2019/20.

Nos arquivos en pdf que xuntamos atoparedes as listaxes ordenadas por educación e curso.

Estas listaxes permanecerán expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro ata o día de inicio do novo curso escolar.

De conformidade co art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 53), as persoas interesadas poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desglosada dos criterios do baremo na secretaría do centro.

Contra a resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Por último lembrade que unha vez admitidos e admitidas teredes que formalizar a matrícula no cole do 20 ao 30 de xuño, para elo haberá que cubrir uns impresos do cole que vos facilitaremos no centro e tamén os poderedes descargar nesta páxina web.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS 2019/20

Hoxe publicamos tanto no taboleiro de anuncios do centro como nesta páxina web as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2019/20.

Nos arquivos que se xuntan en formato pdf están as listaxes do alumnado admitido e non admitido nas diferentes etapas educativas, Educación Infantil e Primaria.

Antes do 25 de maio publicaranse as listaxes definitivas.

De acordo co artigo 30 da Orde de 12 de marzo de 2013 e da Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios do baremo na secretaría do centro.

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2019/20

 Como todos os anos ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2019/20.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 1 ao 20 de marzo (a.i.).

Nos arquivos que xuntamos tedes toda a información relativa ao proceso de admisión :

- Prazas vacantes 

- Solicitudes (Modelo ED550B)

- Normativa reguladora do proceso de admisión - Zonas de influencia e limítrofes

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Como vimos facendo todos os anos, convidamos a todos aqueles pais e nais que queiran visitar as nosas instalacións, conversar co profesorado e en definitiva resolver cantas dúbidas poidan ter sobre o noso cole, que acudan sen compromiso ningún á xornada de portas abertas que organizamos para o martes día 26 de febreiro de 16:00 a 18:00 h.  -  AGARDÁMOSVOS...

RESERVA DE PRAZA NO IES VALLE INCLÁN EN 1º DA ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2019/20

ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 O CEIP Praza de Barcelos está adscrito ao IES VALLE INCLÁN, isto quere dicir que o noso alumnado pode reservar praza, se así o decide, nese Instituto.

 

O prazo de reserva de praza é dende o 1 ao 15 de febreiro de 2019 (a.i.).

 

A solicitude deberá entregarse na Secretaría do CEIP Praza de Barcelos (formulario normalizado ED550A) que achegamos con esta nota informativa, debidamente cumprimentada; Tamén poderase presentar na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará da Chave 365 ou dun certificado dixital.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS 2018/19 - 3º E 4º DE ED.PRIMARIA

Segundo a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto destinada entre outras ao alumnado matriculado en Educación primaria, publicamos nos arquivos adxuntos en formato pdf, a listaxe definitiva do reparto de libros do fondo do CEIP Praza de Barcelos dos cursos 3º e 4º de educación primaria para o vindeiro curso escolar 2018/19.

 

A dirección.

ENTREGA DE VALES - AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018/19

Podedes pasar polo cole para recoller os vales das axuda de libros e material escolar cando queirades.

Preferiblemente se podedes, pasade antes do día 18. Se non nós estaremos no cole ata o 29 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 h.

En arquivo adxunto están as listaxes dos números de libros que lle toca a cada alumno/a de 3º e 4º de Educación Primaria pertencentes ao Fondo de libros do cole.

Esta listaxe de momento é provisional, poida que sufra algún cambio polo que recomendo que agardedes á listaxe definitiva que publicaremos antes do 20 de xullo.

Se tedes algunha dúbida, chamádenos ao cole : 886151567

Un saúdo e bo verán

 

 

 

LISTAXE DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018/19

ATENCIÓN :

Modificamos a listaxe de libros de 1º de Educación Primaria.

O cambio refírese ó libro de Lingua Galega. Tedes o novo listaxe adxunto en pdf.

Graciñas e pedímosvos desculpas.

Un saúdo a todos e todas.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut