Skip to Content
CORREO: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es TELEFONO:886 15 15 67 / 71

LISTAXES DEFINITIVAS DO REPARTO DO FONDO DE LIBROS - 2019/20

Bo día,

achégovos no arquivo adxunto a listaxe definitiva do reparto do fondo de libros de texto para 3º e 4º de Educación Primaria para o vindeiro ano escolar 2019/20.

Unha aperta a todas e todos, pasade un bo verán...

 

A Dirección

 

 

FONDO DE LIBROS 2019/20

 

Bo día,

achégovos no arquivo adxunto e en formato pdf a listaxe provisional do fondo de libros para os cursos 3º e 4º de Educación Primaria, nesta listaxe só aparece o número de libros que lle tocaría a cada alumno/a.

Para a vindeira semana, entre o 15 e o 16 de xullo publicaremos a listaxe definitiva na que xa aparecerán as materias que lles tocará a cada alumno/a, tede en conta tamén que entre a listaxe provisional e a definitiva poida que haxa algún cambio, posto que entran matrículas novas e se resolven solicitudes excluídas.

A Dirección .-

 

LIBROS DE TEXTO - CURSO ESCOLAR 2019/20

Achégovos nos arquivos adxuntos, por cursos e en formato pdf as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2019/20.

En 5º e 6º de Educación Primaria como saberedes non existe listaxe de libros xa que o centro está adscrito ao Plan Edixgal e os contidos das materias daranse a través de ordenador, que se repartirán e se darán as instrucións precisas a principio de curso.

Aproveito para lembrar que os vales para as axudas de libros de texto e de material para os cursos 1º e 2º de Educación Primaria estarán dispoñibles no centro a partir do próximo día 9 de xullo para que os poidades vir recoller.

O centro estará aberto durante todo o mes de xullo.

Un saúdo a todos e todas...

A dirección

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O ANO ESCOLAR 2019/20

¡¡ Benvidos rapaces e rapazas ao cole Praza de Barcelos !!

O prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso escolar 2019/20 é do 20 ao 30 de xuño.

Aquí vos achego os impresos do cole que tedes que cubrir e entregar no centro. A última das follas do pdf é da documentación que teredes que aportar para a matrícula.

Se tedes algunha dúbida non vos preocupedes, cando os presentes no cole resolverémolas sen problema; ou se queredes podedes chamarnos por tlfo. ao 886 151567.

Un saúdo a todos e todas... !!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

 

O día 21 de maio publicouse a Orde do 3 de maio da Consellería de Educación, Universidade e F.P. pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/20

Bo día,

hoxe publicamos as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2019/20.

Nos arquivos en pdf que xuntamos atoparedes as listaxes ordenadas por educación e curso.

Estas listaxes permanecerán expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro ata o día de inicio do novo curso escolar.

De conformidade co art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 53), as persoas interesadas poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desglosada dos criterios do baremo na secretaría do centro.

Contra a resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Por último lembrade que unha vez admitidos e admitidas teredes que formalizar a matrícula no cole do 20 ao 30 de xuño, para elo haberá que cubrir uns impresos do cole que vos facilitaremos no centro e tamén os poderedes descargar nesta páxina web.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS 2019/20

Hoxe publicamos tanto no taboleiro de anuncios do centro como nesta páxina web as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2019/20.

Nos arquivos que se xuntan en formato pdf están as listaxes do alumnado admitido e non admitido nas diferentes etapas educativas, Educación Infantil e Primaria.

Antes do 25 de maio publicaranse as listaxes definitivas.

De acordo co artigo 30 da Orde de 12 de marzo de 2013 e da Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios do baremo na secretaría do centro.

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2019/20

 Como todos os anos ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2019/20.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 1 ao 20 de marzo (a.i.).

Nos arquivos que xuntamos tedes toda a información relativa ao proceso de admisión :

- Prazas vacantes 

- Solicitudes (Modelo ED550B)

- Normativa reguladora do proceso de admisión - Zonas de influencia e limítrofes

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Como vimos facendo todos os anos, convidamos a todos aqueles pais e nais que queiran visitar as nosas instalacións, conversar co profesorado e en definitiva resolver cantas dúbidas poidan ter sobre o noso cole, que acudan sen compromiso ningún á xornada de portas abertas que organizamos para o martes día 26 de febreiro de 16:00 a 18:00 h.  -  AGARDÁMOSVOS...

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS 2018/19 - 3º E 4º DE ED.PRIMARIA

Segundo a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto destinada entre outras ao alumnado matriculado en Educación primaria, publicamos nos arquivos adxuntos en formato pdf, a listaxe definitiva do reparto de libros do fondo do CEIP Praza de Barcelos dos cursos 3º e 4º de educación primaria para o vindeiro curso escolar 2018/19.

 

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut