Skip to Content
CORREO: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es TELEFONO:886 15 15 67 / 71

RESEVA DE MATRÍCULA

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE DE PRAZA

NO CEIP PRAZA DE BARCELOS

 

DO 11 AO 18 DE MAIO

 

(DOG DO 6 DE MAIO)

 

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

HOXE, 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

PARA CELEBRALO OS PROFES MANDÁMOSVOS UN SAUDO E UNHA RECOMENDACION PARA LER.

 NESTE VIDEO

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Estimados pais, nais titores ou titoras:

Esta semana realizaranse as sesións de avaliación para os diferentes niveis do centro, tendo en conta o seguinte:

A avalición dáse por pechada a 13 de marzo.

O traballo realizado polo alumnado dende esa data non é avaliable.

Informámoslles que seguindo as indicacións da Consellería de Educación para o desenvolvemento da 2ª avaliación, o procedemento para comunicarlles  as notas, será o seguinte:

As notas poderán ser consultadas mediante a aplicación app Abalar Móvil, a partir das 14:00 horas do venres 3 de abril.

Aquelas familias que non teñan Abalar Móvil as recibirán por correo electrónico.

Unha vez comecen as clases presenciais seralles entregado o boletín da avaliación coas cualificacións en papel.

 

 

AVISO IMPORTANTE

INFORMACIÓN

 

O centro informa:

 

 

Segundo a comparecencia do

Presidente da Xunta de Galicia:

 

 

As clases quedan suspendidas

dende o luns 16 de marzo.

 

Mañá venres o centro permanecerá

aberto, pero non é aconsellable a

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/21

Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles/as alumnos/as de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG.

RESERVA DE PRAZA NO IES VALLE INCLÁN EN 1º DA ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2022/23

ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 O CEIP Praza de Barcelos está adscrito ao IES VALLE INCLÁN, isto quere dicir que o noso alumnado pode reservar praza, se así o decide, nese Instituto.

 

O prazo de reserva de praza abranguerá dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022 (a.i.).

 

A solicitude deberá entregarse na Secretaría do CEIP Praza de Barcelos (formulario normalizado ED550A) que achegamos con esta nota informativa, debidamente cumprimentada; Tamén poderase presentar na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará da Chave 365 ou dun certificado dixital.

HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA - CURSO 2021/22

Benvidos a todos e a todas a un novo curso lectivo.

Como saberedes, as clases comezan o xoves, día 9 de setembro e estes son os horarios de entrada e saída para todos os grupos :

 

RESERVA DE PRAZA NO IES VALLE INCLÁN EN 1º DA ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

Tedes a información en Secretaría - Admisión.

COMEZO DO CURSO 2019/20

 

O día 11 de setembro comezan as clases no CEIP Praza de Barcelos.

O alumnado de Educación Primaria entrará ás 09:00 h.

O alumnado de Educación Infantil entrará ás 10:00 h.

 

¡¡ BENVIDOS A TODOS E TODAS !!

Distribuir contido


by Dr. Radut