Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO IES VALLE INCLÁN EN 1º DA ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2022/23

ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 O CEIP Praza de Barcelos está adscrito ao IES VALLE INCLÁN, isto quere dicir que o noso alumnado pode reservar praza, se así o decide, nese Instituto.

 

O prazo de reserva de praza abranguerá dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022 (a.i.).

 

A solicitude deberá entregarse na Secretaría do CEIP Praza de Barcelos (formulario normalizado ED550A) que achegamos con esta nota informativa, debidamente cumprimentada; Tamén poderase presentar na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará da Chave 365 ou dun certificado dixital.

 As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) e a solicitude deberá entregarse na Secretaría do colexio debidamente cumprimentada. Tamén se pode cumprimentar a través da aplicación admisiónalumnado, no menú Solicitudes – reserva – Crear, aplicación cuxo link é htpps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/. Así mesmo poderase cumprimentar e presentar a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

 O alumnado que desexe ir a outro instituto non poden facer reserva de praza. Deberán presentar solicitude de admisión no centro da súa elección entre o 1 e o 22 de marzo.

 O alumnado que non reserve praza no IES Valle Inclán no prazo establecido perderá os seus dereitos sobre a mesma.

 Así mesmo o alumnado que teña feita a reserva de praza para o IES Valle Inclán, non poderá solicitar outro centro sen renunciar á súa reserva antes do 1 de marzo, pois perdería o dereito de prioridade en ambas solicitudes.

 Os trámites e prazos deste procedemento establécense na Orde de 12 de marzo de 2013 e na Orde de 25 de xaneiro de 2017 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

 De tódolos xeitos achegámosvos en arquivos pdf adxuntos o modelo de solicitude ED550A para que a poidades descargar e a lexislación correspondente onde se desenvolve todo o procedemento.

AdxuntoTamaño
Decreto 254-2012.pdf277.95 KB
Orde 12-MAR-2013.pdf1.15 MB
ED550A-G.pdf1.04 MB


book | by Dr. Radut