Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Estimados pais, nais titores ou titoras:

Esta semana realizaranse as sesións de avaliación para os diferentes niveis do centro, tendo en conta o seguinte:

A avalición dáse por pechada a 13 de marzo.

O traballo realizado polo alumnado dende esa data non é avaliable.

Informámoslles que seguindo as indicacións da Consellería de Educación para o desenvolvemento da 2ª avaliación, o procedemento para comunicarlles  as notas, será o seguinte:

As notas poderán ser consultadas mediante a aplicación app Abalar Móvil, a partir das 14:00 horas do venres 3 de abril.

Aquelas familias que non teñan Abalar Móvil as recibirán por correo electrónico.

Unha vez comecen as clases presenciais seralles entregado o boletín da avaliación coas cualificacións en papel.

 

 

Apoveitamos a ocasión para saludarlles atentamente.

 

 

A Dirección



page | by Dr. Radut