Skip to Content
CORREO: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es TELEFONO:886 15 15 67 / 71

Fondo de libros e axuda de material escolar

Pódese consultar no centro as listaxes provisionais do fondo de libros (3º e 4º de educación primaria) . A listaxe definitiva publicarase o día 20 de xullo na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro. Os que solicitaron vales de axuda de libros e de material escolar (1º, 2º, 5º e 6º) de educación primaria para o curso 2020/21, xa poden comprobar se resultaron aprobados chamando ao centro (886151567) en horario de 10:00 a 13:00 horas. Os vales estarán dispoñibles para a súa recollida para partir do mércores 15 de xullo (horario de 10:00 a 13:00 horas). Se alguén non pode recollelos, poderao facer no mes de setembro.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2020-21 - ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Bo día,

ábrese o prazo de formalización de matrícula para o alumnado de novo ingreso no noso centro para o vindeiro curso escolar 2020/21.

O prazo de formalización de matrícula abranguerá dende o 01 ao 10 de xullo de 2020 (a.i.).

Nos arquivos que se xuntan tedes os impresos do centro que hai que cubrir e asinar para a súa entrega no centro, así como a demais documentación que hai que aportar a maiores dos impresos do centro.

Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto connosco no centro.

CEIP Praza de Barcelos - Tlfo : 886 1515 67 / 71    -    E-mail.: ceip.praza.barcelos@edu.xuntal.gal

Un saúdo e benvidos/as a todos e todas.

A Dirección.

LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2020/21

 

Nos arquivos adxuntos tedes as listaxes dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/21.

No primeiro arquivo están os de 1º e 2º de Educación Primaria (1º ciclo de Educación Primaria).

No segundo arquivo os libros de 3º de Educación Primaria.

E no terceiro os libros de 4º de Educación Primaria.

Xa sabedes que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria non teñen que mercar libros de texto, posto que no centro estamos adscritos ao programa e-Dixgal de contidos dixitais.

Un saúdo

A dirección

VIDEO DA GRADUACION DE 6º 2020

ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º

Estimadas familias:

Debido ás circunstancias actuais non é posible celebrar o acto de graduación de forma presencial, como se viña facendo todos os anos.

Asi que, este ano celebrarémolo cunha videoconferencia, o xoves 18 de xuño, con este horario:

6ºA de 10:00 a 11:00

6ºB de 11:15 a 12:15

6ºC de 12:30 a 13:30

 

RECOLLIDA DE MATERIAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA - DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DE PRÉSTAMO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días,

informámosvos das quendas para que pasedes a RECOLLER O MATERIAL QUE QUEDOU NAS AULAS dos/as vosos/as fillos/as, dos cursos de Educación Infantil e de 5º e 6º de Educación Primaria - O alumnado de 6º de Educación Primaria tamén debe entregar no centro os ordenadores portátiles de préstamo:

                                                       EDUCACIÓN INFANTIL

AMPLIACIÓN DAS INSTRUCCIÓNS PARA A AVALIACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE

 O ficheiro adxunto, recolle a ampliación das instruccións para a avaliación do terceiro trimestre.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/21

Bo día,

publicamos hoxe as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2020/21.

De acordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, o centro publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, por orde da puntuación total obtida.

De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagragada dos criterios do baremo na secretaría do centro.

AVISO DE RECOLLIDA DE MATERIAL

AVISO DE RECOLLIDA DE MATERIAL

Pola presente informamos ás familias das quendas para que pasen a recoller o material que os seus fillos/as poidan ter aínda no colexio.

O reparto farase pola porta principal en horario de 10.00 a 13.00 horas.

O reparto do material do alumnado de 1o, 2o, 3o e 4o de Primara vaise facer segundo o cadro seguinte.

O reparto de material do alumnado de 5o e 6o de Primaria e de E. Infantil farémolo máis adiante previo aviso ás familias.

 

2o A (Titoría de Isa)         XOVES 28 DE MAIO

1o A (Titoría de Rosana)   VENRES 29 DE MAIO

1o B (Titoría de Zaida)      LUNS 1 DE XUÑO

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2020-21

O martes, día 19 de maio de 2020 publicouse no DOGA a Orde da Consellería de Educación Universidade e F.P., de 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

A partir do día 20/05/20 poderanse presentar as solicitudes de axuda de libros e de material para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria, as sltdes. para participar no Fondo solidario de libros de texto e axuda de material para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de E.P. e as sltdes. para axuda de material escolar o alumnado que vaia cursar 5º e 6º E.P.

Distribuir contido


by Dr. Radut