Skip to Content

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2020-21

O martes, día 19 de maio de 2020 publicouse no DOGA a Orde da Consellería de Educación Universidade e F.P., de 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

A partir do día 20/05/20 poderanse presentar as solicitudes de axuda de libros e de material para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria, as sltdes. para participar no Fondo solidario de libros de texto e axuda de material para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de E.P. e as sltdes. para axuda de material escolar o alumnado que vaia cursar 5º e 6º E.P.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento admtvo. común.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o 20/05/20 ata o 19/06/20 (a.i.)

Tedes aquí un pdf da Orde da Consellería de Educación onde vos poderedes informar máis polo miúdo das normas xerais, contías, obrigas e compatibilidades. Consultádea, xa que pode resolver calquera dúbida que vos xurda.

AdxuntoTamaño
Orde 12-Maio-20-Axuda Lib.-FondoLib..pdf1.2 MB
ED330B-Sltde.FondoLib.-AxudaLib..pdf1.63 MB


book | by Dr. Radut