Skip to Content

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018/19

Como todos os anos, dende o día 1 ata o 20 de marzo, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2018/19. Nos arquivos que xuntamos tedes toda a información relativa ao proceso de admisión :

- Solicitudes (Modelo ED550B e Anexo A)

- Normativa reguladora do proceso de admisión - Zonas de influencia e limítrofes

- Calendario do proceso

- Prazas vacantes

* Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción a esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

* O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

* O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do incio do prazo de presntación de solicitudes de admisión.

 

AdxuntoTamaño
Orde 12.MAR_.13-Admisión alumnado en centros públicos.pdf1.15 MB
Orde 25.XAN_.17 pola que se modifica a Orde 12.MAR_.13.pdf709 KB
zonificación PONTEVEDRA.pdf1.34 MB
Solicitude de admisión 2018-19-ED550B.pdf1017.27 KB
Anexo A - Soltde.admisión 2018-19.pdf499.17 KB
Calendario Admisión 2018-19.pdf678.02 KB
Prazas vacantes 2018-19.pdf512.22 KB


book | by Dr. Radut