O Apalpador, carboeiro que vive nas montañas do Courel, baixa das montañas cada 24 de decembro para deixarlle ás nenas e nenos de Galicia castañas e algún regalo.
Ademais, cada Nadal fainos unha visita ao colexio pero este ano debido á COVID-19 non poderá vir... O Apalpador sabe que vos estades portando xenial e que sodes moi valentes e por iso nos trouxo un buzón para que lle fagamos chegar as vosas cartas. Animádevos a traelas antes do vindeiro luns 21!
E para que coñezades un pouquiño máis sobre o Apalpador aquí tedes estes vídeos:
COMO REMATE AO PRIMEIRO TRIMESTRE, CELEBRAMOS UNHA FESTA DE XOGOS E XOGUETES NA QUE CADA GRUPO EXPLICOU O QUE TRABALLARON NA SÚA AULA AO RESTO DO ALUMNADO...E LOGO XOGAMOS.