ÓPTICA EN PONZOS

Revisións Ópticas no cole

 

 O longo da semana pasada o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria realizouselle unha revisión visual básica. Grazas á colaboración da ANPA Sementeira, ó Departamento de Orientación e o persoal de ÓPTICA 826. Optometristas con especialidade en visión infantil viñeron o CEIP de Ponzos para levala acabo.

 As probas realizadas foron as seguintes:

 

 -          Probas básicas de agudeza visual tanto en visón de lonxe como de cerca, para descartar unhaposibleambliopíaou“ollovago”ecasosdemiopía,hipermetropíaouastigmatismo.

 

-         Test estereoscópico para detectar posibles defectos da visión binocular etridimensional.

 

-          Test de Ishihara para diagnosticar posibles alteracións da visión doscores.

 

 Aquí tesdes uns “TIPS” para  manter unha boa saúde visual:

 

·         De 0-3 anos: Debe realizarse a primeira revisión completa. Tamén será debido revisalo se os pais, mestres ou o pediatra notan algunha anomalía ocular (pupila branca, desviación dos ollos, menos visión nalgún dosollos...)

 

·         De 3-6 anos: Unha revisión obrigatoria, sobre todo se os pais levan gafas. A prevención a tempo é importante para que non afecte ó seu rendemento escolar, xa que o 80% do que o nenoaprende“entrapolosollos”.

 

·         Ata os 14 anos: Realizala cada ano, ou coa frecuencia indicada por un profesional da saúde visual.

 

O7.jpeg
O4.jpeg
O2.jpeg
O 11.jpeg
O 10.jpeg
O3.jpeg
 1.jpeg