Antroido 2011

Tags:

ENTROIDO 2011

 

Este ano o Entroido veu bastante tarde e  houbo tempo a  preparalo un pouco, non como o pasado curso que  foi xa a semana seguinte á conmemoración do Día da PAZ.

Realizaronse unha morea de actividades relacionadas co Entroido.

 

Algunhas delas:

Fíxemos un  Meco  que gardou o Centro os días precedentes á celebración da Festa.

Artellamos unha canción ao "Meco" "O ANTROIDO METIDO NUN SACO..." , coa música da famosa canción do grupo "A Roda". Na  canción cada nivel  dedicou  unha das  estrofas.

 

 

Xuntáronse por un día
os mellores do colexio
trouxeron un saco vello
para levar ao Antroido.


Vai o Antroido metido nun saco
Ai Antroido que vas de viaxe
Vai o Antroido metido nun saco
Antroidiño xa non volve máis. (Repetir)

Que tal lles parecería
que fose el o culpable
que nos deixaran sen parque
nin sitio onde xogare .

Vai o Antroido metido nun saco…

Non sei o que nos faría
estamos moi cabreados
queremos vir polas tardes
que non nos deixen de lado.

Vai o Antroido metido nun saco…

 

 

 

 

A  Música da canción fíxémola cun teclado, unha guitarra e un pandeiro dexeito individual  interpretando sete partituras  e mezclando  esas pistas, logo por riba cantaron os rapaces,  a cousa quedou así:

 

Mentres cantamos a canción uns alumnos  fixeron unha procesión co meco  do Entroido  metido no saco.

 

Elaboramos unha presentación de diapositivas sinxela  para o plan Lector, cunha recopilación  dos personaxes típicos de Entroido e as celebracións típicas e de máis sona de Galicia

VER  AQUÍ a presentación

 

 

 

 

Expuxéronse no taboleiro  fotografías e   láminas  relacionado co  Entroido, os seus personaxes e as costumes de diferentes pobos de Galicia.

 

Un concurso de carteis do Entroido por niveis, había varios  merecedores  do primeiro premio e ao final decantouse o gañador para 1º curso de Primaria e repartímos agasallos para tódolos niveis

 

.

 

 

 

Como  2011  foi declarado ano internacional dos bosques, o tema foi ese  OS BOSQUES  así   que os disfraces tiñan  que estar relacionados dalgún xeito co bosque.

Así que os máis pequechos (Ed. Infantil)  encarnaron o personaxe daqueles  que fan a vixianza para que o bosque estea   como ten que estar. “OS GARDABOSQUES”.

O primeiro ciclo foron representando  aos animaliños máis entrañables  do bosque  e que aparecen en todo conto que se precie onde o bosque  sexa protagonista. “COELLIÑOS”

Segundo ciclo de primaria  disfrazáronse de árbores, eles todos xuntos  formaron o propio “BOSQUE”

E os do terceiro ciclo  foron de:  "CERVOS e Cogumelos" os de 5ºEP e de personaxes da historia “Robin Hood” ou “ROBIN DOS BOSQUES” os de 6ºEP.

O venres fíxose a  festa:  cantouse a canción,  representouse a marcha do meco (metido nun saco) e logo  de desfilar fomos directamente ás lambetadas...  Os rapaces estaban ansiosos por  comezar a merenda...

Logo festa:  música, baile e troula ...

PRESENTACIÓN:

Prestade atención,
Aquí, este Antroido galdrupeiro
Deixoume unha notiña
Para saber quen queda primeiro
neste concurso de carteis
Leamos, pois, o que nos trouxo o carteiro:
Iremos en globo, en tren, ou en barco…
Como me parece que me vou de viaxe
quero premiar aos de primeiro
e, de paso, lévanme a equipaxe.

(os nenos abren unha caixa valeira; só hai un letreiro que di:ENTROIDO)

Ai! Que memoria a miña
En que estaría pensando?

O agasallo viaxa conmigo
E non sei ata cando.

Mirade no saco
A ver que hai  (aparecen os agasallos)


Non se enfaden os demais,
que como non morro queimado,
non deixo testamento
pero si, o meu legado:

 

Un agasallo para todos,
Aínda que non o merecedes,
Quédavos un cadro xeitoso
Para que vos retratedes…

Bueno, aí tedes noutros sacos
O que deixou este maragato…

(E. Infantil,  2º, 3º, 4º, 5º, e 6º…van recollendo os seus agasallos)

No monte nunca pode faltar
Alguén que está vixiando,
Son os gardabosques
Que xa van desfilando

E agora van os nosos coelliños,
pero tede coidado cos raposiños…

Iso sí un bosque non pode vivir
Sen árbores ás que poder subir…

Onde están os señores cervos?
Pois, debaixo dos cogumelos
Pero no bosque non hai só animais e plantas
Existen outros seres dos que non te decatas.

 

  

                                       

Antroido 2011